Na Disposición Derradeira 4ª da Lei de taxas 10/2012 establecíase o pagamento do diferencial existente entre a contía da paga extra dos funcionarios da administración xeral do estado (AXE) con respecto a contía da paga extra dos funcionarios da administración de xustiza. Despois de case tres meses a Dirección Xeral indica que xa están gravados os datos en
intervención e que se lles abonaran nesta nómina de febreiro, aproximadamente, 446 € aos forenses,
247 € a xestión, 155 € a tramitación e 6,12 € a auxilio (aparte do diferencial tamén existente na contía dos trienios) . O que non saben é se
entrará ou non como un pago do ano anterior.
Os problemas e demora sobre o pagamento debéronse a que tiveron que introducir os datos manualmente (cousa contraria aos descontos de pasivos e MUGEJU que curiosamente o foron de xeito automático), e que descoñecen como se procederá devolución destes, que o único que saben é o que dixo o Ministro Sr. Montoro.
Finalmente avisámoslles de que non anden tan agudos no cálculo dos descontos, para que teñan coidado co da folga xeral e non pase o mesmo que no territorio Ministerio, dado que ao non ter percibido a extra a retención do día de folga debe ser menor.

Comentarios
Publicar un comentario