Novamente o ministro Sr. Gallardón, facendo gala das peores artimañas, negocia as agachadas cos Rexistradores da Propiedade, ofrecéndolles no se sabe que (probablemente algún tipo de contraprestación, pois nunca na historia se mirou a un rexistrador que fixera nada gratis), para acadar a asunción das competencias do Rexistro Civil, pero non coa fin de mellorar o servizo público e gratuito prestado ata o de agora, se non para que o Sr. Rajoy e os seus irmáns (Maria de las Mercedes e Enrique), máis a nora do propio Sr. Gallardón (Teresa), sen esquecer ao mesmísimo Director Xeral dos Rexistros e o Notariado (Joaquín José), tamén rexistrador de profesión, para que todos eles poidan seguir mantendo o seu estatus privilexiado de cobrar por aranceis e non por nómina como se fai no resto de Europa, ao estar considerados como funcionarios públicos.
Nestes intres o servizo do Rexistro Civil é a envexa dos servizos prestados pola administración de xustiza e como pera en doce ofrécese a un colectivo, de forma especulativa, para a súa privatización, depois de ter gastado o estado máis de 120 millóns de euros na súa informatización e modernización. Todos os nosos datos máis sensibles van a ser manexados por traballadores (non suxeitos á función pública) e que carecen de experiencia na materia (cando actualmente os funcionarios da administración de xustiza están perfectamente cualificados). Se isto e mellorar un servizo, como diría o Sr. Gallardon, que veña Deus e o vexa.
Nova publicada no Faro de Vigo
Nova publicada na Voz de Galicia
Nova publicada no Atlántico Diario
Comentarios
Publicar un comentario