Saltar ao contido principal

LEXNET E O GRAN MISTERIO DE A ONDE VAN AS COMUNICACIÓNS XUDICIAIS

Dende a implantación do uso de LEXNET, o 1 de xaneiro de 2016, todos os operadores xurídicos, avogados, procuradores, graduados sociais, xuíces  e persoal dos distintos corpos da administración de xustiza, en calquera foro, charla, debate, faladoiro ou encontro informal, manifestan unha mezcla de desesperación, escepticismo e, porque non dicilo, cabreo monumental, pola aplicación, a marchas forzadas e, en apariencia, sen unha boa planificación, dun sistema de remisión dixital de documentación cara aos órganos xudiciais,  que non funciona ben e non é do agrado de ningún dos colectivos citados.
 E que ninguén se pregunta se este sistema estivera a disposición da Axencia Tributaria como sería capaz esta de recaudar ningún euro? Pois non, non o pregunta ninguén, porque ninguén, no seu xuízo, poría lexnet a funcionar como plataforma de comunicación coa Axencia Tributaria.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

RESULTADOS ELECCIÓNS SINDICAIS 2023

Como sabedes, onte celebráronse eleccións sindicais na Administración de Xustiza en Galiza. Os resultados para a CIG non foron satisfactorios porque, ainda que se ben aumentamos en votos, perdemos unha delegad@ na provincia da Coruña e outra na de Pontevedra. Queremos felicitar aos compañeiros/as de Lugo que, con 4 delegad@s, son a forza maioritaria nesa provincia.  Os/ as demais abrimos un momento de reflexión sobre o traballo realizado e a maneira de melloralo de cara a conseguir unha maior confianza por parte dos/as traballadores/as de Xustiza. Queremos agradecer tamén a todos aqueles e aquelas que confiastes en nós e nos destes o voso voto. Por vós seguiremos loitando da maneira que nos caracteriza e intentando que o noso traballo chegue a máis xente. "Non podemos cambiar o mundo, pero o mundo non nos vai cambiar a nós".