Hoxe, o Director Xeral de xustiza, en comunicacion telefónica, indicou á Xunta de Persoal de Pontevedra, en contestación ao escrito remitido onte que, debido ao indicado no mesmo así como ás baixas producidas (ou que se poideran producir) nas listaxes de quendas de atribucións, tomou a decisión de proveer determinadas prazas de interinos de reforzo nos decanatos, da Coruña, Pontevedra e Vigo, para tentar paliar esta situación. Por parte da Xunta de Persoal se lle indicou que, de haber un adscripcion correcta dese persoal (aínda non temos RPT's e rixe o regulamento anterior) haberia que facelo, no seu caso, ao servizo de apoio e todo iso, sen prexuizo de seguir reiterando a negociación da posibilidade de retirbución diaria das quendas ou a constitución real dos servizos de auxilio ou servizos de apoio con persoal titular dese corpo.