O luns 7 de novembro publicarase no BOE e no
DOG a Resolución do 18 de outubro de 2016, da Dirección Xeral de
Xustiza, pola que se resolve
definitivamente o concurso de traslado para prazas vacantes entre
funcionarios dos corpos e escalas de xestión procesual e administrativa,
de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial da
Administración de xustiza, anunciado pola Resolución
do 25 de abril de 2016.
Segundo a resolución, tanto a toma de
posesión coma os cesamentos realizaranse na xefatura ou delegación
territorial correspondente ao destino.
Por cuestións organizativas, a formalización da toma de posesión terá
lugar entre as 9.00 e as 11.30 e a dos cesamentos entre as 11.30 e as
14.00 de luns a venres. Á marxe das datas de cesamento fixadas na
Resolución (corpo de tramitación o día 11/11/2016
venres, auxilio e xestión o día 15/11/2016, martes), no caso de que un
funcionario reingresado tome posesión antes das datas indicadas na praza
de outro que tamén obtivese destino no concurso, este segundo cesará o
mesmo día da toma de posesión do reingresado,
empezando a contarlle o seu respectivo prazo posesorio.
No caso de cesar e tomar posesión na mesma
localidade ou en distintas localidades dunha mesma provincia, ambas
formalizacións poderanse facer
o día da toma de posesión sendo a data de formalización do cesamento a
que corresponda de acordo coa Resolución de adxudicación.
Co fin de axilizar a tramitación das altas e
baixas, relacionamos a documentación que as xefaturas ou delegacións
territoriais precisan para
abrir ou completar os expedientes persoais das persoas que tomen
posesión dun novo posto*.
Persoal procedente de fóra da comunidade:
- Fotocopia DNI
- Ficha de recollida de datos (persoais e bancarios)
- Fotocopia da tarxeta sanitaria e/o tarxeta de MUGEJU (número de afiliación)
- Certificado de haberes
- Certificado ou copia dos trienios
- Certificación das vacacións e días gozados na Administración da que procedan
- Modelo 145 (IRPF)
Persoal destinado en Galicia:
- Fotocopia DNI
- Ficha de recollida de datos (persoais e bancarios)
Persoal que vaise fora de Galicia:
Para o caso dos cesamentos do persoal que
obteña novo destino fóra da CCAA de Galicia, no momento de formalización
do cesamento deberán facer
entrega da tarxeta de identificación persoal e control horario. No caso
de non ter que formalizar cesamento algún por reingresar fóra da
comunidade nun corpo distinto do que estaba a prestar servizos, a
tarxeta será entregada presencialmente ou por correo
postal, ao correspondente servizo de persoal de xustiza.
*No caso de non estar en posesión dalgún dos
documentos, estes remitiranse á maior brevidade posible ao
correspondente servizo de persoal de
xustiza.
Comentarios
Publicar un comentario