Onte, 7 de febreiro, tivo lugar en Madrid, no Ministerio de Xustiza, a mesa sectorial correspondente a fin de ir fixando definitivamente como vai quedar configurado o Rexistro Civil que, en liñas xerais, será desxudicializado, pero seguira quedando baixo a función do persoal da administración de xustiza, e tamén as novas oposicións correspondentes á oferta de emprego público do 2016, no senso de convocar xa este proceso polo sistema de oposición, a fin de evitar máis retrasos no hipotético caso de non terse aprobados os orzamentos de 2017; se estes foran aprobados estudaríase a posibilidade de, o ben engadir as prazas de 2017 a 2016 ou agardar a 2018 para facer dita acumulación e empregar o sistema de concurso-oposición. A CIG foi a única central sindical que defendeu que sempre se utilizara o sistema de oposición.
Ligazón nota informativa:
Comentarios
Publicar un comentario