martes, 26 de junio de 2018

CONCURSO ESPECÍFICO FISCALÍA A CORUÑA

Comunícasevos que a data prevista de publicación da Resolución do 15 de xuño de 2018, da Dirección Xeral de Xustiza, da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de concurso específico, dun posto de traballo vacante na Fiscalía Provincial da Coruña, será o día 26/06/2018 no BOE e o  26/06/2018 no DOG.

O prazo de presentación será de 10 días naturais (ata o 6 de xullo), contados desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, de acordo co que dispón o artigo 49.5 do Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Admon de Xustiza.
http://www.boe.es/boe/dias/2018/06/26/pdfs/BOE-A-2018-8763.pdf 
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180626/AnuncioG0244-220618-0002_gl.pdf 
 

No hay comentarios: