Saltar ao contido principal

MESA SECTORIAL EN MADRID. A HISTORIA REPÍTESE...

Nesta mesa sectorial estabamos convocados para negociar, entre outros temas, as bases comúns e as próximas convocatorias de oposicións. Unha vez comeza a mesa sectorial volvemos a descubrir un novo episodio de “negociacións nos despachos”. A administración recoñeceu, pese a que na mesa sectorial do mes de xullo se acordara crear un Grupo de traballo para elaborar as bases e as convocatorias, que mantivo negociacións bilaterais, fóra de mesa e sen convocatoria legal, cos mesmos sindicatos que nos venderon en Galiza, (agás spj-uso, que non ten representación nesta mesa)
Froito deses cambios de cromos asinouse un acordo para a adaptación á xustiza do acordo marco para a mellora do emprego público de 2017-2019 da Mesa Xeral de negociación das AAPP.
A CIG rexeitou asinalo porque entre outras cuestións:
1. Non se negociou na Mesa Sectorial.
2. Pese a contemplar unha convocatoria excepcional de promoción interna para o 2019, non se chega, nin de lonxe, o 50% da totalidade das prazas que se van a convocar neste trienio.
3. Seguen a manter exames orais, e polo tanto discrecionais, nos corpos de Letrados AX e Médicos Forenses.
4. Ao tratarse dun texto xa cociñado, ningunha das nosas achegas foron tidas en conta.
Acordouse que as OPES 2017 a 2019 sexan por concurso–oposición, sendo a CIG o único sindicato que propuxo que foran soamente por oposición.
Acumúlanse as OPES de 2017 e 2018 e prevese que se publiquen as convocatorias de promoción interna no mes de xaneiro.

Por outra banda, o mesmo día, pero desta volta no Senado e seguindo co paripé, como xa avanzamos nas nosas razóns para non apoiar a última folga pantasma que nin os propios convocantes secundaron, déuselle marcha atrás á reforma da LOPX que unificaba os centros de destino dentro dun mesmo municipio.
Tamén se “conseguiu” a eliminación definitiva dos descontos retributivos por IT e a recuperación dos 9 días de asuntos particulares, que van ter carácter retroactivo dende 2017. Para que estas modificacións saían adiante teñen que ser aprobadas no Congreso, estando sinalada a votación para o próximo día 20 e posteriormente a súa publicación no BOE.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr