A CIG desenvolveu este luns unha concentración diante do antigo edificio
da Audiencia Provincial da Coruña en rexeitamento á represión sindical
que están a sufrir, máis de seis meses despois de rematado o conflito,
delegados e delegadas sindicais da CIG e CUT por exercer a súa labor durante a folga
de xustiza. Nesta circunstancia atópase á compañeira Chelo, delegada da CIG na Administración de Xustiza, que está pendente dun
expediente disciplinario e de dous xuízos por delitos, a raíz das
denuncias presentadas pola Fiscalía provincial por feitos acontecidos no
marco da folga.
No xuízo de hoxe Chelo conseguiu ser absolta grazas á boa defensa realizada e porque a fiscalía non acadou artellar unha acusación coherente.
Comentarios
Publicar un comentario