Saltar ao contido principal

MESA MUXEXU MADRID - XANEIRO 2019 - APROBACIÓN RPT

Onte asistimos unha reunión na sede da Mutualidade, congratulándonos de que por fin se fixese a luz sobre un organismo que leva todos estes anos de democracia desenvolvéndose de xeito escuro; situación esta á que non se lle quere poñer remedio.
Iniciada a reunión, con apenas documentación, esperabamos que se entrara nunha negociación da RPT das prazas da MUGEJU abertas ao persoal da Admón. de Xustiza. Se partimos da base de que no preámbulo do proxecto de Orde que nos foi entregado fálase da “especial cualificación das tarefas profesionais do persoal ao seu servizo”... e que “co devir do tempo deu lugar a un cadro de persoal conformado por persoal interino altamente cualificado”, temos o primeiro dato do que foi a reunión. 

O proxecto de Orde, contempla o 100% das prazas singularizadas e para seren cubertas por concurso específico cuns requisitos e méritos que só posúen os que alí traballan, que practicamente ningún traballador da Admón. de xustiza posúe e, o que é máis grave, sen posibilidade de adquirilos. 

Por outra banda, na súa intención de non incrementar o gasto, temos uns postos de moi alta cualificación que non están dotados orzamentariamente e nos que  non se corresponden as esixencias coas retribucións.

Ante a petición reiterada da negociación real da RPT, a escusa proporcionada pola Xerencia e tamén polo Ministerio foi a de desvincular MUXEXU da Admón. de Xustiza e considerala coma un Organismo Autónomo, cunha negociación atípica,  polo que se lle aplicaría o artigo 520.2 da LOPX, considerando como requisito a audiencia previa ás organizacións sindicais e non a negociación. 

A CIG solicitou a retirada desta proposta e a convocatoria dunha negociación real, con documentación, que recollera a porcentaxe de postos, dentro do cadro de persoal de MUXEXU, abertos á Admón. de Xustiza, características,  localización dos postos, complementos a percibir, requisitos e méritos, a valoración do idioma propio, postos xenéricos a cubrir en concurso ordinario e prazas nas sete cidades de Galiza. Coidamos que nada disto vai ser atendido dada a postura de asentimento ás teses da Xerente por parte do Ministerio na figura do subdirector, vulnerandose así a negociación colectiva de xeito tan flagrante, o que de por si é moi grave, consideraando que esta RPT carece de todos os requisitos necesarios para ser aprobada.  

En definitiva a reunión foi un intento de lavado de cara dun Organismo Autónomo do Ministerio de Xustiza  que leva con prácticas caciquís e completamente opaco durante moitos anos, no que a igualdade, mérito e capacidade que rexen o acceso á función pública está completamente ausente, e que con esta “proposta” se lle quere dar carta de natureza legal e democrática.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

INAUDITO, HORAS EXTRA NA ADMÓN. DE XUSTIZA. CHEGARON AS PEONADAS Á ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA A TRAVÉS DOS PLANS DE ACTUACIÓN.

Ponse á disposición do persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia o modelo de solicitude para o caso de que desexe participar no plan de recuperación do traballo previsto na cláusula 8ª do Acordo de 23/05/2018 O número de horas e número de días á semana de duración do plan axustarase en función da carga de traballo nos distintos centros de traballo e do número de solicitantes. O importe da hora extraordinaria correspondente a cada corpo é o seguinte: (A2-Corpo Xestión): 29,97 €, (C1-Corpo Tramitación): 22,66 €; (C2-Corpo Auxilio): 17,03 €. A dita solicitude deberá remitirse ao enderezo electrónico que figura no propio impreso antes das 14:00 horas do vindeiro  xoves 7  xuño de 2018, poñendo como nome do arquivo ApelidosNome_DNI_Participacion_PR, é dicir, no nome do arquivo da solicitude deben de firgurar os apelidos, nome e dni do interesado no formato indicado. O persoal que non poda realizar a solicitude por estar de vacacións, permisos ou licenzas, poderá…

CCOO PIDE MÁIS CARTOS EN TERRITORIO MINISTERIO DO QUE ASINOU EN GALIZA

Curiosamente, o sindicato CCOO solicita á nova Ministra de Xustiza que no territorio ministerio suba o complemento específico (en Galiza chamado CAT)  a non menos de 300€/mes, e fai uns días os seus responsables en Galiza, tras unha folga de máis de 3 meses, asinaron coa Xunta un acordo por menos da metade. A ver se algún d@s traballador@s galegos o entende e lle pide explicacións.
Ligazón:
http://www.ccoojusticia.com/2018/06/ccoo-presenta-la-nueva-ministra-las.html

CURSOS OBRIGATORIOS DE PREVENCIÓN DE RISCOS

A Inspección de Traballo da Coruña requiriu da Xunta de Galicia que se garanta que todas/os as/os funcionarias/os reciban formación en materia de prevención de riscos laborais, de conformidade co establecido no artigo 19 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de Riscos Laborais. Esta formación ten, polo tanto, carácter obrigatorio para o persoal. Esta segunda convocatoria, que sairá previsiblemente publicada no DOG do día 14/11/2018, vai dirixida aos partidos xudiciais de Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo e Ourense. 

Ligazón: https://drive.google.com/file/d/1Fesev_W7lMpk7MwAtIU1SBIwsSLIugI7/view?usp=sharing