Saltar ao contido principal

ATENCIÓN PERSOAL DA CIG-XUSTIZA DURANTE A "NOVA NORMALIDADE"

As/os delegadas/os de CIG-Xustiza, durante este novo tempo, seguiremos realizando a nosa labor desde os respectivos locais sindicais e non deixaremos de atender á nosa afiliación e traballadores/as en xeral que precisen do noso asesoramento pero, a fin de evitar no posible calquera tipo de contaxio e/ou posible propagación do Covid-19, adoptamos a decisón de rextrinxir, en base a un criterio de prudencia, as visitas presenciais aos distintos centros de traballo, salvo aquelas que resultan imprescindibles.

Atenderémosvos presencialmente nos nosos locais, nas distintas sedes, coas medidas de protección correspondentes ou, telefónica ou de xeito telemático nos seguintes teléfonos e correos electrónicos:

 

A CORUÑA

cigxustiza.corunha@gmail.com

981182589

657768693

635607376

SANTIAGO

cig.santiago@xustiza.gal

981540373

665615293


LUGO

cig.lugo@xustiza.gal

982889035

639921202

615828798

OURENSE

cig.ourense@xustiza.gal

988687412

647984073


PONTEVEDRA

cig.pontevedra@xustiza.gal

986803979

646023058


VIGO

cig.vigo@xustiza.gal

986817836

668843048




Entendemos as molestias que poidan causar estas medidas, mais o obxectivo non é outro que previr e defender a saúde pública de todas/os nós.  Grazas a todas e todos pola vosa comprensión.

Todo este procedemento queda suxeito a calquera cambio ou variación que as autoridades competentes poidan acordar.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

RESULTADOS ELECCIÓNS SINDICAIS 2023

Como sabedes, onte celebráronse eleccións sindicais na Administración de Xustiza en Galiza. Os resultados para a CIG non foron satisfactorios porque, ainda que se ben aumentamos en votos, perdemos unha delegad@ na provincia da Coruña e outra na de Pontevedra. Queremos felicitar aos compañeiros/as de Lugo que, con 4 delegad@s, son a forza maioritaria nesa provincia.  Os/ as demais abrimos un momento de reflexión sobre o traballo realizado e a maneira de melloralo de cara a conseguir unha maior confianza por parte dos/as traballadores/as de Xustiza. Queremos agradecer tamén a todos aqueles e aquelas que confiastes en nós e nos destes o voso voto. Por vós seguiremos loitando da maneira que nos caracteriza e intentando que o noso traballo chegue a máis xente. "Non podemos cambiar o mundo, pero o mundo non nos vai cambiar a nós".