Saltar ao contido principal

MANTEMENTO DA POSIBILIDADE DE TELETRABALLO NA ADMÓN. DE XUSTIZA EN GALIZA

Por medio da Resolución do 8 de xuño de 2020, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que, dando traslado ao ámbito da Administración de xustiza da Comunidade Autónoma de Galicia da Orde JUS/504/2020, do 5 de xuño, se regula a fase 3 do Plan de desescalada ante a COVID-19, establecéronse medidas para a realización de funcións mediante teletraballo.

 

Nesta data entra en vigor a Lei 3/2020, do 18 de setembro, de medidas procesuais e organizativas para facer fronte á COVID-19 no ámbito da Administración de xustiza, na que se inclúe o fomento do teletraballo coa finalidade de recuperar a actividade ordinaria das oficinas xudiciais e fiscais e de facer compatible esta coa adecuada protección da saúde do persoal da Administración de xustiza, do resto de profesionais e dos particulares que acoden ás súas sedes.

 

En consecuencia, e mentres non haxa unha regulación específica desta modalidade de prestación de servizo,s no ámbito da Administración de xustiza, cómpre manter as medidas establecidas na antes referida Resolución do 8 de  xuño de 2020, desta Dirección  Xeral de  Xustiza.

 

Por parte da  CIG agárdase, non só que se manteña esta posibilidade, se non que se potencie a mesma para crear "grupos burbulla" nos órganos xudiciais, a fin de que un posible contaxio non afecte a todo o persoal do órgano e, do mesmo xeito, se xestione a adquisición de material e equipos para teletraballar, facendo a correspondente previsión e petición a Amtega, todo o que trasladamos á Dirección Xeral de Xustiza na xuntanza do luns 21 do Comité de Seguridade e Saúde Laboral.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

RESULTADOS ELECCIÓNS SINDICAIS 2023

Como sabedes, onte celebráronse eleccións sindicais na Administración de Xustiza en Galiza. Os resultados para a CIG non foron satisfactorios porque, ainda que se ben aumentamos en votos, perdemos unha delegad@ na provincia da Coruña e outra na de Pontevedra. Queremos felicitar aos compañeiros/as de Lugo que, con 4 delegad@s, son a forza maioritaria nesa provincia.  Os/ as demais abrimos un momento de reflexión sobre o traballo realizado e a maneira de melloralo de cara a conseguir unha maior confianza por parte dos/as traballadores/as de Xustiza. Queremos agradecer tamén a todos aqueles e aquelas que confiastes en nós e nos destes o voso voto. Por vós seguiremos loitando da maneira que nos caracteriza e intentando que o noso traballo chegue a máis xente. "Non podemos cambiar o mundo, pero o mundo non nos vai cambiar a nós".