Saltar ao contido principal

MESA PARITARIA DE INTERINOS - UNS A TRABALLAR E OUTROS A MIRAR

Como o propio título indica e, resumindo o acontecido hoxe na mesa de negociación, a nosa central sindical a traballar e as demais a mirar. Como precisamente non nos adicamos as labores de "xestoria" como principal actividade sindical, tivemos tempo para analizar e realizar porpostas e levamos o traballo feito para desmontar o proxecto presentado pola administración para modificar a regulamentación actual da bolsa de traballo de persoal interino. Mentras nós prantexabamos alternativas, coma sempre dun xeito constructivo, os demais quedaban pasmados coa realidade e propostas que estabamos a trasmitir, máis aló de opoñerse simple e airadamente, para que a administración autonómica recuase na súa proposta e analizara con máis tino a situación que poderían xerar de levar a cabo a modificación que pretendían.

A CIG presentou propostas a varios escenarios, defendendo neste momento, como xa fixeramos por escrito a semana pasada, a  elaboración dunha listaxe de suplencias (dado o pouco tempo que levan estas bolsas en vigor), e que dita circunstancia non tivera incidencia sobre as persoas que as forman actualmente . Fomos a única central en expor o problema que provocaría a modificación da orde tal e como pretendía a DX, en relación co artigo 10 e a entrada directa de aprobados, o que suporía deixar fóra a toda a xente que está a traballar na actualidade.

Ligazón folla informativa:

https://drive.google.com/file/d/15Hzi70OHrFdqXWckuzdaYiviedKwd1me/view?usp=sharing

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

RESULTADOS ELECCIÓNS SINDICAIS 2023

Como sabedes, onte celebráronse eleccións sindicais na Administración de Xustiza en Galiza. Os resultados para a CIG non foron satisfactorios porque, ainda que se ben aumentamos en votos, perdemos unha delegad@ na provincia da Coruña e outra na de Pontevedra. Queremos felicitar aos compañeiros/as de Lugo que, con 4 delegad@s, son a forza maioritaria nesa provincia.  Os/ as demais abrimos un momento de reflexión sobre o traballo realizado e a maneira de melloralo de cara a conseguir unha maior confianza por parte dos/as traballadores/as de Xustiza. Queremos agradecer tamén a todos aqueles e aquelas que confiastes en nós e nos destes o voso voto. Por vós seguiremos loitando da maneira que nos caracteriza e intentando que o noso traballo chegue a máis xente. "Non podemos cambiar o mundo, pero o mundo non nos vai cambiar a nós".