Saltar ao contido principal

CREACIÓN DE NOVOS ÓRGANOS XUDICIAIS PARA GALIZA

Publicouse no BOE do 1 de decembro o Real Decreto 1052/2021, do 30 de novembro, de creación de cincuenta e seis unidades xudiciais correspondentes á programación de 2021 e de catro prazas de Xuíz de Adscrición Territorial.

No caso de Galiza as prazas de maxistrada/o e a creación de órganos sería a seguinte:

Xulgado do Mercantil número 3 da Coruña.

Unha praza de maxistrada/o para a Sección 1.ª da Audiencia Provincial de Lugo, correspondente á orde civil.


Unha praza de maxistrada/o para a Sección 1.ª da Audiencia Provincial de Ourense, correspondente á orde civil.

Establécese como data de efectividade para a constitución das prazas de maxistrada/o das Audiencias Provinciais o 31 de decembro de 2021 e, o día 1 de marzo de 2022, para a entrada en funcionamento do Xulgado do Mercantil.

Ligazón BOE:

https://www.boe.es/boe/dias/2021/12/01/pdfs/BOE-A-2021-19797.pdf

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

RESULTADOS ELECCIÓNS SINDICAIS 2023

Como sabedes, onte celebráronse eleccións sindicais na Administración de Xustiza en Galiza. Os resultados para a CIG non foron satisfactorios porque, ainda que se ben aumentamos en votos, perdemos unha delegad@ na provincia da Coruña e outra na de Pontevedra. Queremos felicitar aos compañeiros/as de Lugo que, con 4 delegad@s, son a forza maioritaria nesa provincia.  Os/ as demais abrimos un momento de reflexión sobre o traballo realizado e a maneira de melloralo de cara a conseguir unha maior confianza por parte dos/as traballadores/as de Xustiza. Queremos agradecer tamén a todos aqueles e aquelas que confiastes en nós e nos destes o voso voto. Por vós seguiremos loitando da maneira que nos caracteriza e intentando que o noso traballo chegue a máis xente. "Non podemos cambiar o mundo, pero o mundo non nos vai cambiar a nós".