Saltar ao contido principal

ANUNCIO DA CONVOCATORIA DAS BOLSAS DE PERSOAL INTERINO DE XUSTIZA

No DOG do 8 de febreiro publicouse a RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convocan bolsas de traballo de persoal interino dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia (código de procedemento XU700A).

1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles (ata o 1 de marzo), contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na Oficina virtual do persoal da Administración de xustiza (OPAX), no sitio web http://opax.xunta.es, accesible tamén a través da sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

3. Para acceder ao formulario normalizado e presentar a solicitude, deberase dispor dun usuario rexistrado na OPAX e dun certificado electrónico cualificado (DNI electrónico, tarxeta de identificación de persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia ou outro considerado válido pola Administración da Comunidade Autónoma de Galicia).

Para o suposto de non contar con usuario, farase uso da opción habilitada na OPAX para o rexistro de novos usuarios. No dito sitio web disporase de instrucións de axuda que deberán ser observadas en todo momento. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información, as persoas interesadas poderanse dirixir á Dirección Xeral de Xustiza, a través do correo electrónico servicio.persoal.xustiza@xunta.gal

4. Unha vez que se acceda á OPAX, a persoa solicitante deberá seleccionar a opción correspondente á solicitude de inclusión nas bolsas de persoal interino e cubrir todos os campos requiridos, indicando as bolsas a que se presenta, provincia/s, corpo/s e zona/s de preferencia.

Debese prestar especial atención a asinar a solicitude e realizar a sua presentacion.

Ligazón DOG:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220208/AnuncioG0595-310122-0001_gl.pdf

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

RESULTADOS ELECCIÓNS SINDICAIS 2023

Como sabedes, onte celebráronse eleccións sindicais na Administración de Xustiza en Galiza. Os resultados para a CIG non foron satisfactorios porque, ainda que se ben aumentamos en votos, perdemos unha delegad@ na provincia da Coruña e outra na de Pontevedra. Queremos felicitar aos compañeiros/as de Lugo que, con 4 delegad@s, son a forza maioritaria nesa provincia.  Os/ as demais abrimos un momento de reflexión sobre o traballo realizado e a maneira de melloralo de cara a conseguir unha maior confianza por parte dos/as traballadores/as de Xustiza. Queremos agradecer tamén a todos aqueles e aquelas que confiastes en nós e nos destes o voso voto. Por vós seguiremos loitando da maneira que nos caracteriza e intentando que o noso traballo chegue a máis xente. "Non podemos cambiar o mundo, pero o mundo non nos vai cambiar a nós".