Saltar ao contido principal

ASPECTOS SALIENTABLES E NOVIDADES DA NOVA BOLSA DE LAX

Como xa vos informamos onte, o Ministerio remitiunos o texto da que será a nova convocatoria de bolsa de traballo para letrad@s substitut@s. Publicación prevista para o 29 de agosto. 

Nesta bolsa perpetúase o sistema actual se ben o Ministerio sinalou que a súa intención é de que se cumpra a duración de dous anos establecido nela e mentres configurar un sistema distinto de provisión temporal dos postos. Polo tanto, mantéñense as liñas xerais pero con novidades importantes.

Pasamos a sinalar algúns aspectos a destacar:
 

- A solicitude será telemática por medio dun asistente de inscrición e haberá que autovalidar os méritos.
-
Poderase solicitar a inclusión nunha ou varias provincias, pero só se poderá figurar nunha delas, polo que de oficio se incluirá na primeira da orde de preferencia na que resulte seleccionada.
-
As Secretarías de Goberno verificarán os méritos alegados e validarán a autovalidación da persoa aspirante.
-
Os chamamentos efectuados serán obxecto de publicidade no respectivo ámbito territorial.
-
O prazo de posesión será de 24 horas (a CIG solicitou que fose ampliado)
.-
Recolle causas de suspensión (maternidade, coidado de familiares, incapacidade temporal...).
-
Novidade moi importante: cando non existan candidatos/as suficientes para chamar, poderase chamar ao persoal do corpo de xestión que reúna os requisitos e manifeste interese hasta que se forme unha nova bolsa, chamando en primeiro lugar a quen acredite máis experiencia como substitut@, despois a quen acredite exercicios aprobados e finalmente por antigüidade en servizos prestados.

Este é o sistema que rexerá dende a publicación da convocatoria e ata a entrada en funcionamento das bolsas naquelas provincias onde non existan actualmente persoas candidatas nin na lista principal nin na de reserva. Para iso, o persoal interesado deberá dirixir a súa solicitude con acreditación dos requisitos ás Secretarías de Coordinación no prazo de 10 días dende a publicación da convocatoria.

En canto á valoración de méritos, a CIG rexeita o límite máximo imposto no tempo de servizos no corpo de xestión (10 puntos) porque non se está a dar valor á experiencia (con 7 anos xa tés o tope) e por ser un agravio comparativo con respeto á experiencia como lax substitut@, que non ten límite máximo.

Ligazón folla informativa:

https://drive.google.com/file/d/1e4c5gpaklXz5xfjsFlexAi9PQ4Fqtbjs/view?usp=sharing 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

RESULTADOS ELECCIÓNS SINDICAIS 2023

Como sabedes, onte celebráronse eleccións sindicais na Administración de Xustiza en Galiza. Os resultados para a CIG non foron satisfactorios porque, ainda que se ben aumentamos en votos, perdemos unha delegad@ na provincia da Coruña e outra na de Pontevedra. Queremos felicitar aos compañeiros/as de Lugo que, con 4 delegad@s, son a forza maioritaria nesa provincia.  Os/ as demais abrimos un momento de reflexión sobre o traballo realizado e a maneira de melloralo de cara a conseguir unha maior confianza por parte dos/as traballadores/as de Xustiza. Queremos agradecer tamén a todos aqueles e aquelas que confiastes en nós e nos destes o voso voto. Por vós seguiremos loitando da maneira que nos caracteriza e intentando que o noso traballo chegue a máis xente. "Non podemos cambiar o mundo, pero o mundo non nos vai cambiar a nós".