A sección sindical de xustiza da CIG ven de denunciar ante a Dirección Xeral de Xustiza os recortes nas quendas dos vixiantes da Cidade da Xustiza, solicitando se corrixan ditos problemas por parte desa administración en prol dá seguridade das traballador@s, así como que se teña en conta a calidade dos servizos por encima da economía, dada a materia de que se trata, e solicitamos asimesmo a instalación nos edificios Xudiciais de botóns antipánico, tanto nas súas dependencias como nas salas de vistas, (un botón baixo as mesas que serve para alertar inmediatamente en caso de emerxencia aos axentes e vixiantes de seguridade). Asimesmo denunciouse ante a dirección xeral o nulo uso do escaner do xulgado de garda en Vigo, toda vez que non hai vixiante de seguridade encargado do seu control, precisamente debido á reducción de quendas de dito persoal de vixilancia que está a prantexar a Xunta no novo concurso de adxudicación deste servizo.
Ligazón escrito presentado:
https://drive.google.com/file/d/1QxoBHQXy7VjT1tyb9zM5mADZA-qC2mP4/view?usp=sharing
Comentarios
Publicar un comentario