O TSX de Galiza ven de presentar unha cuestión de inconstitucionalidade contra unha norma da Consellería de Sanidade na que especificamente e, desobedecendo a normativa estatal e comunitaria, se establecía como norma xeral o silencio negativo contra toda "...solicitude, reclamación ou recurso en materia de persoal, con
contido retributivo, prantexados polos profesionais do Servizo
Galego de Saúde, que teñan repercusión no capítulo I dos estados
de gastos dos orzamentos das institucións sanitarias do
organismo...". Quere isto dicir, que os traballadores da sanidade pública galega, por principio, calquera reclamación salarial que fagan, non só seguramente terán a calada por resposta, se non que esta será negativa. Isto que se colou na lei 15/2010 para o persoal estatutario e, que agora agardamos que o TC remedie, preguemos que non se estenda a toda a administración pública.
Comentarios
Publicar un comentario