Nos vindeiros días está prevista a publicación na intranet do plan de vacacións deste ano 2015. O prazo de peticións ordinario finaliza o 21 DE MAIO para as peticións do período comprendido entre o 01/07/2015 e o de 30/09/2015.
As solicitudes tramitaranse obrigatoriamente a través da OPAX e asinaranse electronicamente, pasando a estar dispoñibles na bandexa do superior xerárquico para o seu informe e validación.
No caso de que por razóns de índole técnica non se obtivera o visado electrónico do superior xerárquico, o persoal funcionario deberá remitir a súa solicitude vía fax ao servizo de persoal da xefatura ou delegación territorial correspondente no prazo máximo de cinco días hábiles dende o rexistro e sinatura electrónica por parte do interesado, a través dos seguintes números:
A Coruña.- 981184450
Lugo.- 982294266
Ourense.- 988386384
Pontevedra (Vigo).- 986817001
Comentarios
Publicar un comentario