Aprobado o programa de actividades formativas da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para o ano 2019 polo Consello Reitor, de conformidade co artigo 6.2 da Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da EGAP, procede convocar as actividades de formación específica para o persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia.
O prazo de presentación de solicitudes será de dez días (supoñemos que hábiles) a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/
matricula desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e
ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a cinco.
Ligazón convocatoria:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190225/AnuncioO150-180219-0002_gl.pdf
Ligazón convocatoria:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190225/AnuncioO150-180219-0002_gl.pdf
Comentarios
Publicar un comentario