Saltar ao contido principal

OPOSICIÓNS ACCESO CORPOS XESTIÓN E TRAMITACIÓN POR PROMOCIÓN INTERNA - OEP 2017-2018

Orde JUS/403/2019, de 21 de marzo, pola que se convoca proceso selectivo para o acceso, por promoción interna, ao Corpo de Xestión Procesual e Administrativa da Administración de Xustiza.


Orde JUS/404/2019, de 21 de marzo, pola que se convoca proceso selectivo para o acceso, por promoción interna, ao Corpo de Tramitación Procesual e Administrativa da Administración de Xustiza.


As/os que desexen participar neste proceso selectivo deberán cumprimentar o modelo oficial de solicitude de admisión a probas selectivas na Administración Pública (modelo 790-código 007, en cuxa parte superior figura «Solicitud de admisión a pruebas selectivas de la Administración Pública y liquidación de la tasa de derechos de examen»), que estará dispoñible no punto de acceso xeral (www.administracion.gob.es), en castelán e nas demais linguas oficiais das Comunidades Autónomas. As Comunidades Autónomas que oferten prazas poderán crear un enlace desde as súas respectivas páxinas web a este formulario. 

A presentación da solicitude realizarase no prazo de VINTE DÍAS HÁBILES contados a partir do seguinte ao da publicación das Ordes no «Boletín Oficial do Estado», e dirixirase ao Secretario de Estado de Xustiza. A non presentación da mesma en tempo e forma suporá a exclusión da/o aspirante

Comentarios

Publicacións populares deste blog

RESOLUCIÓN DO MINISTERIO DE XUSTIZA FRONTE A CRISE DO CORONAVIRUS - NA XUNTA SEGUIMOS NAS BERZAS

O Ministerio de Xustiza acaba de dictar e difundir unha Resolución de aplicación ao persoal dos Corpos Xerais, Médicos Forenses, Letrados da Administración de Xustiza, Corpos Especiais e Persoal non Transferido do seu territorio, de xeito mimético á que dictou a Administración Xeral do Estado, a fin de minimizar a máis que probable influencia do Coronavirus na Administración de Xustiza, sobre todo facendo fincape nos servizos que teñen unha atención ao público moi directa (Rexistros Civis, Imelgas e Servizos Comúns, por exemplo) ou que teñen moito persoal no seu cadro de traballadores (Fiscalías).  A estas alturas do problema nin a Dirección Xeral de Xustiza nin a Xunta de Galiza, como máximo órgano directivo, dictou este tipo de Resolución no noso ámbito, polo que as traballadoras/es da Administración de Xustiza estamos a quedar sen unha protección específica e clara fronte ao Coronavirus. E mentras, outros fachendeando da chegada e instalación de dispensadores do xel hidroalcoholico.

VIDEOCONFERENCIA CO MINISTRO DE XUSITZA - NOVO REAL DECRETO DE MEDIDAS URXENTES

Hoxe, xunto coas organizacións sindicais CSI-F, STAJ, CCOO, UXT e ELA mantivemos unha videoconferencia co Ministro de Xustiza. O ministro pivotou a súa intervencion sobre tres cuestións de vital importancia para enfrontrar os seguintes meses coas suficientes garantías para evitar a propagación do virus, o que precisamente incide de xeito fundamental na distancia que debería manter o persoal na súa futura volta ao traballo. 
Á vista do manifestado, o Ministerio de Xustiza quere publicar unha norma, con caracter urxente, que teña unha duración temporal de ata os tres meses posteriores á suspensión do estado de alarma, na que básicamente se adopten tres  medidas fundamentais para poder realizar a desescalada e reincorporación do persoal coas suficientes garantías.
Primeira: Sen prexuízo de ir potenciando a funcionalidade do teletraballo, dado o tempo que requerirá o total desenvovemento desta medida, a primeira das cuestións  expostas foi recoller a posibilidade de implementar que parte d…