Saltar ao contido principal

REANUDACIÓN PRAZOS CELEBRACIÓN DE PROBAS NIVEIS CELGA DE IDIOMA GALEGO

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2020, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, POLA QUE SE CONTINÚA O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES e se adía a realización das probas convocadas mediante a Resolución do 6 de marzo de 2020 para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis CELGA 1, 2, 3 E 4, NO ANO 2020.
 
 
*Continuar o prazo de presentación de solicitudes para a realización das probas convocadas mediante a Resolución do 6 de marzo de 2020, para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2020 (código de procedemento PL500C), que será de catorce días contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

*Ao resultar imposible manter como data para presentarse ás probas o mes de maio e/ou xuño de 2020, tal como recollía a Resolución do 6 de marzo, a realización destas adíase ata o mes de setembro e/ou outubro de 2020, sempre que a evolución da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 o permita. As datas concretas serán debidamente publicitadas no DOG, así como na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

RESULTADOS ELECCIÓNS SINDICAIS 2023

Como sabedes, onte celebráronse eleccións sindicais na Administración de Xustiza en Galiza. Os resultados para a CIG non foron satisfactorios porque, ainda que se ben aumentamos en votos, perdemos unha delegad@ na provincia da Coruña e outra na de Pontevedra. Queremos felicitar aos compañeiros/as de Lugo que, con 4 delegad@s, son a forza maioritaria nesa provincia.  Os/ as demais abrimos un momento de reflexión sobre o traballo realizado e a maneira de melloralo de cara a conseguir unha maior confianza por parte dos/as traballadores/as de Xustiza. Queremos agradecer tamén a todos aqueles e aquelas que confiastes en nós e nos destes o voso voto. Por vós seguiremos loitando da maneira que nos caracteriza e intentando que o noso traballo chegue a máis xente. "Non podemos cambiar o mundo, pero o mundo non nos vai cambiar a nós".