O pasado martes, 30 de xuño, o Ministeiro convocounos, xunto coas centrais sinidicais ELA, CSI-F, STAJ, CCOO e UXT a unha xuntaza para analizar o proxecto de plan de actuación Covid-19, do que nos dera traslado o día anterior as 21:00 horas. Todas as centrais sindicais reprenderon a actuación do Ministerio, de enviar un proxecto desta importancia para o seu análise e para formular alegacións con nin tan sequera 24 horas de antelación, pero dita reprimenda quedou nun "Ministerio, maliño, maliño, isto non se fai así", para acto seguido botar as consabidas peroratas e presentar unha serie de alegacións que, como ven sendo habitual, alo menos nas últimas xuntanzas cos responsables ministeriais, non deixa de ser máis que un paripé de negociación, cando un sospeita, máis ben, que tal cantidade de papel e empregada, dun xeito ecolóxico, para facer tiras duns 10 cm de ancho, pegar as mesmas, e acabar facendo un rolo que teña un mellor e máis noble propósito nos aseos ministeriais. Non será un papel suave para o novo uso que se lle vai dar, pero os españoles están acostumbrados ao "Papel Elefante", de aspecto moito máis recio e duro que o actual papel branco A4.
Durante todo o estado de alarma a CIG realizou múltiples alegacións a todos e cada un dos proxectos ministeriais presentados a debate, porque entendía que no momento da crise había que traballar arreo, con premura de tempo e ser constructivos para sacar os temas cara adiante, pero a posición da CIG neste momento de "retorno a normalidade" foi o de non consentirlle a administración estatal este ninguneo, pois non é de recibo poñer enriba da mesa este borrador de plan de actuación con tan pouquisimo tempo para o seu análise, motivo polo cal non só se lles reprendeu por dita actitude, se non que se lles comunicou que a CIG non ia facer alegacións ata en tanto en canto non se remitira este documento con tempo suficiente para poder realizar a súa lectura e análise pormenorizado e que, en consecuencia, se abandonaba esa mesa sectorial nese momento.
Comentarios
Publicar un comentario