Saltar ao contido principal

A CIG REITERA A PETICIÓN DE ANALITICAS DO COVID 19 AOS MÉDICOS FORENSES

A CIG- Xustiza reitera, a través do Rexistro electrónico da Xunta,   a petición feita o pasado 18 de maio ao Conselleliro de Sanidade e á Xerencia do SERGAS, solicitando a realización dos correspondentes test  Covid-19 ás  Médicas/os Forenses que estiveron a traballar para o SERGAS durante a pandemia,  tal e como se lle fixo  ao persoal sanitario da sanidade pública galega.
Déuselle traslado tamén ao Director Xeral de Xustiza na súa dobre condición como responsable político da Administración de Xustiza en Galiza  e coma Presidente do Comité de Seguridade e Saúde Laboral. 
 
Copia correo enviado ao D.X.X.:
"Na súa dobre condición de Director Xeral de Xustiza e Presidente do Comité de Seguridade e Saúde Laboral, comunícolle que no día de hoxe por esta Central sindical reiteráronse a través do Rexistro electrónico,  as solicitudes de 18 de maio dirixidas ao  Conselleiro de Sanidade e á Xerencia  do SERGAS    para a realización das probas do Test COVID-19  aos Médicos Forenses que estiveron a traballar para o SERGAS, que a día de hoxe seguen sen  realizarse.
Pregámoslle faga as xestións oportunas para que se leven a cabo as referidas probas".
 
Ligazón escrito reenviado:

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

RESULTADOS ELECCIÓNS SINDICAIS 2023

Como sabedes, onte celebráronse eleccións sindicais na Administración de Xustiza en Galiza. Os resultados para a CIG non foron satisfactorios porque, ainda que se ben aumentamos en votos, perdemos unha delegad@ na provincia da Coruña e outra na de Pontevedra. Queremos felicitar aos compañeiros/as de Lugo que, con 4 delegad@s, son a forza maioritaria nesa provincia.  Os/ as demais abrimos un momento de reflexión sobre o traballo realizado e a maneira de melloralo de cara a conseguir unha maior confianza por parte dos/as traballadores/as de Xustiza. Queremos agradecer tamén a todos aqueles e aquelas que confiastes en nós e nos destes o voso voto. Por vós seguiremos loitando da maneira que nos caracteriza e intentando que o noso traballo chegue a máis xente. "Non podemos cambiar o mundo, pero o mundo non nos vai cambiar a nós".