Saltar ao contido principal

MESA DE ACCIÓN SOCIAL 2021

Hoxe 5 de maio celebrouse coa Dirección Xeral unha videoconferencia sobre a convocatoria e criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2021, previamente remitíronnos o borrador da Resolución que da publicidade á referida convocatoria, prevéndose a súa publicación entre 15 días e un mes.
A CIG manifestou que para a elaboración de programas de acción social, é necesario o incremento do orzamento do Fondo de acción Social ao 1% da masa salarial, ao considerar que o actual é totalmente insuficiente para a elaboración dunha programación axeitada e realista, baste lembrar que no ano 2011 a cantidade destinada ao Fondo de acción social era de 220.984 € e aínda así non se alcanzaba nin o 0.5 % da masa salarial, contía que se minorou un 2000% a 11.400 € no ano 2012 coa desculpa da crise e xa non se volveron recuperar as cantidades anteriores.
De feito, fixemos notar ante esta mesa que a partida orzamentaria prevista de 21.911,00€ para o ano 2021 é a mesma que a axuda do programa de atención de persoas discapacitadas do fondo de acción social do ano 2020, non producíndose incremento algún o que supón unha minoración do 1,72% con respecto ao ano 2019 (o fondo de acción social neste ano acendía a 22.294 €), e iso sen contar que a inflación anual estimada do IPC é do 1,3% (de acordo co indicador adiantado elaborado polo INE a 30 de marzo de 2021).


CONTÍA DAS AXUDAS TENDO EN CONTA O GRAO DE DISCAPACIDADE:
- Do 33% ao 64%: 300 €
- Do 65% ao 74%: 600 €
- Do 75% en diante: 1.200 €
 

Estes importes poderanse ver reducidos ou incrementados proporcionalmente a causa do número de instancias presentadas ata que o montante global nos supere os 21.911,00€.
As axudas denegadas en anos anteriores que como consecuencia de resolución xudicial ou administrativa foran acollidas favorablemente pagaranse con cargo ao presente Fondo de Acción Social.
A axuda pagarase na conta consignada para o ingreso da nómina.
 

SOLICITUDES E PRESENTACIÓN:
As persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente o formulario electrónico da solicitudea través da OPAX.
A forma de presentación será telemática agás das excepcións recollidas na resolución pendente de publicar.
O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles contados a partir do díaseguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
O prazo máximo para resolver as solicitudes será de 6 meses.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

RESULTADOS ELECCIÓNS SINDICAIS 2023

Como sabedes, onte celebráronse eleccións sindicais na Administración de Xustiza en Galiza. Os resultados para a CIG non foron satisfactorios porque, ainda que se ben aumentamos en votos, perdemos unha delegad@ na provincia da Coruña e outra na de Pontevedra. Queremos felicitar aos compañeiros/as de Lugo que, con 4 delegad@s, son a forza maioritaria nesa provincia.  Os/ as demais abrimos un momento de reflexión sobre o traballo realizado e a maneira de melloralo de cara a conseguir unha maior confianza por parte dos/as traballadores/as de Xustiza. Queremos agradecer tamén a todos aqueles e aquelas que confiastes en nós e nos destes o voso voto. Por vós seguiremos loitando da maneira que nos caracteriza e intentando que o noso traballo chegue a máis xente. "Non podemos cambiar o mundo, pero o mundo non nos vai cambiar a nós".