Saltar ao contido principal

O XULGADO DANOS A RAZÓN. PRIMEIRA SENTENZA ESTIMATORIA CARREIRA PROFESIONAL INTERINOS

 A CIG ven de gañar a primeira sentenza da traxectoria profesional en xustiza, en relación co persoal interino desta administración, o cal quedaba excluído do acordo da traxectoria profesional asinado por SPJ-USO, UXT e CCOO.  Aínda que a sentenza non é firme, porque contra a mesma pode interpoñerse recurso de apelación, o certo e que en base á propia argumentación xurídica e os pronunciamentos do TSXG en relación coa carreira profesional autonómica, máis pronto que tarde a Consellería de Xustiza terá que permitir e pagar a traxectoria profesional ao persoal interino.

Unha vez máis a CIG acada o seu obxectivo de defender os dereitos das traballadoras/es de xustiza ante a ausencia absoluta de negociación por parte da administración autonómica.

"FALLO.- 1.- Se estima parcialmente el recurso contencioso-administrativo nº , interpuesto por  , contra la resolución del director xeral de Xustiza, de 23 de diciembre de 2020, por la que se desestima la solicitud para optar al régimen extraordinario de acceso al grado I del sistema de trayectoria profesional del personal al servicio de la Administración de Xustiza en Galicia. 2.- Se anula dicha resolución recurrida, y se reconoce el derecho de la actora a participar en el procedimiento extraordinario de acceso al grado I del sistema de trayectoria profesional del personal al servicio de la Administración de Xustiza en Galicia, en las mismas condiciones y con los mismos efectos económicos y administrativos que los funcionarios de carrera en idéntica situación, debiéndose, en consecuencia, tramitar y resolver la solicitud presentada, desestimando el recurso respecto de las restantes pretensiones planteadas. 3.- No se hace expresa imposición de costas. Notifíquese esta resolución a las partes, haciéndoles saber que contra la misma cabe interponer recurso de apelación. Así por esta mi sentencia, de la que se llevará testimonio a los autos principales, la pronuncio, mando y firmo."

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

RESULTADOS ELECCIÓNS SINDICAIS 2023

Como sabedes, onte celebráronse eleccións sindicais na Administración de Xustiza en Galiza. Os resultados para a CIG non foron satisfactorios porque, ainda que se ben aumentamos en votos, perdemos unha delegad@ na provincia da Coruña e outra na de Pontevedra. Queremos felicitar aos compañeiros/as de Lugo que, con 4 delegad@s, son a forza maioritaria nesa provincia.  Os/ as demais abrimos un momento de reflexión sobre o traballo realizado e a maneira de melloralo de cara a conseguir unha maior confianza por parte dos/as traballadores/as de Xustiza. Queremos agradecer tamén a todos aqueles e aquelas que confiastes en nós e nos destes o voso voto. Por vós seguiremos loitando da maneira que nos caracteriza e intentando que o noso traballo chegue a máis xente. "Non podemos cambiar o mundo, pero o mundo non nos vai cambiar a nós".