Publicouse no DOG a RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas á conciliación da vida familiar e laboral, por redución da xornada de traballo como medida de fomento da conciliación e corresponsabilidade. Lembrade que poden ser beneficiarias das axudas previstas nesta convocatoria as persoas físicas que no período comprendido entre o 1 de xullo de 2020 e o 30 de xuño de 2021, ambos os dous inclusive, se acollan á medida de redución de xornada para o coidado dun fillo ou filla menor de tres anos, ou menor de 12 anos no suposto de que padeza unha discapacidade recoñecida de porcentaxe igual ou superior ao 33 %. As axudas están destinada aos homes ou familias monoparentais, entendo por esta as seguintes situacións:
a) Os homes ou as mulleres que afrontan a paternidade ou a maternidade en solitario.
b) As familias formadas por unha ou un cónxuxe viúvo e os fillos e fillas.
c) As familias formadas por un pai ou nai que queda a cargo das fillas e fillos sen que haxa custodia compartida.
Ligazón:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210702/AnuncioG0599-160621-0004_gl.html
Comentarios
Publicar un comentario