Saltar ao contido principal

CADRO DE RETRIBUCIÓNS DA ADMÓN DE XUSTIZA EN GALIZA - 2022

No DOG do 20 de xaneiro publicouse a Orde do 19 de xaneiro de 2022 pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2022. Nesta orde fixanse os novos importes dos diferentes conceptos retributivos, coas subidas establecidas nos distintos acordos e orzamentos.

"Sexta. Retribucións do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza en Galicia

1. De acordo co disposto no artigo 24 da Lei 17/2021, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022, os/as funcionarios/as dos corpos ao servizo da Administración de xustiza que desempeñen as súas funcións no ámbito competencial da Comunidade Autónoma de Galicia percibirán as retribucións previstas na Lei 22/2021, do 28 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2022.

2. No anexo XVII recóllense as contías das retribucións establecidas na Lei 22/2021, do 28 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2022, así como as contías dos complementos recoñecidos en virtude de normativa específica.

3. Con efectos económicos do 1 de xaneiro de 2022, os/as funcionarios/as ao servizo da Administración de xustiza que teña recoñecido o grao I do complemento adicional da carreira profesional previsto no Acordo do Consello da Xunta do 25 de xuño de 2020 percibirán os seguintes importes mensuais:

Grupo

Corpo                                                                 

Importe mensual (€)

A1

Médicos/as forenses

215,76

A2

Xestión procesual e administrativa

151,00

C1

Tramitación procesual e administrativa   

97,38

C2

Auxilio xudicial

82,65

Este complemento percibírase en 12 mensualidades.

4. Os importes das retribucións do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza que non figuren incluídos no anexo XVII, pero que estean recoñecidos expresamente na normativa aplicable, experimentarán con efectos do 1 de xaneiro de 2022 un incremento do 2 % respecto das vixentes en 31 de decembro de 2021".

Ligazón cadro de retribucións:

https://drive.google.com/file/d/1WTba1luNWQilcCADF138Nvi8yYfsu8Jx/view?usp=sharing

Ligazón Orde confección nóminas:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220120/AnuncioG0597-140122-0003_gl.pdf

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

RESULTADOS ELECCIÓNS SINDICAIS 2023

Como sabedes, onte celebráronse eleccións sindicais na Administración de Xustiza en Galiza. Os resultados para a CIG non foron satisfactorios porque, ainda que se ben aumentamos en votos, perdemos unha delegad@ na provincia da Coruña e outra na de Pontevedra. Queremos felicitar aos compañeiros/as de Lugo que, con 4 delegad@s, son a forza maioritaria nesa provincia.  Os/ as demais abrimos un momento de reflexión sobre o traballo realizado e a maneira de melloralo de cara a conseguir unha maior confianza por parte dos/as traballadores/as de Xustiza. Queremos agradecer tamén a todos aqueles e aquelas que confiastes en nós e nos destes o voso voto. Por vós seguiremos loitando da maneira que nos caracteriza e intentando que o noso traballo chegue a máis xente. "Non podemos cambiar o mundo, pero o mundo non nos vai cambiar a nós".