Saltar ao contido principal

MODIFICACIÓN DO PERMISO DE COIDADO DUN MENOR AFECTADO POR CANCRO

A Lei de Orzamentos do Estado para este ano 2022 ven de publicar unha modificación do apartado e) do artigo 49 do TREBEP, contemplando a ampliación da idade do menor de 18 a 23 anos, no caso de que o dito menor padeza cancro e resulte necesario o seu coidado directo, continuo e permanente.

"e) Permiso por coidado de fillo menor afectado por cancro ou outra enfermidade grave: o funcionario terá dereito, sempre que ambos os proxenitores,  gardadores con fins de adopción ou acolledores de carácter permanente traballen, a unha redución da xornada de traballo de polo menos a metade da duración daquela, percibindo as retribucións íntegras con cargo aos orzamentos do órgano ou entidade onde veña prestando os seus servizos, para o coidado, durante a hospitalización e tratamento continuado, do fillo menor de idade afectado por cancro (tumores  malignos, melanomas ou  carcinomas) ou por calquera outra enfermidade grave que implique un ingreso hospitalario de longa duración e requira a necesidade do seu coidado directo, continuo e permanente acreditado polo informe do servizo público de saúde ou órgano administrativo sanitario da comunidade autónoma ou, no seu caso, da entidade sanitaria concertada correspondente e, como máximo, ata que o fillo ou persoa que houber sido obxecto de acollemento permanente ou de garda con fins de adopción cumpra os 23 anos. En consecuencia, o mero cumprimento dos 18 anos de idade do fillo ou do menor suxeito a acollemento permanente ou a garda con fins de adopción, non será causa de extinción da redución da xornada, se se mantén a necesidade de coidado directo, continuo e permanente.
Cando concorran en ambos os proxenitores,  gardadores con fins de adopción ou acolledores de carácter permanente, polo mesmo suxeito e feito causante, as circunstancias necesarias para ter dereito a este permiso ou, no seu caso, poidan ter a condición de beneficiarios da prestación establecida para este fin no Réxime da Seguridade Social que lles sexa de aplicación, o funcionario terá dereito á percepción das retribucións íntegras durante o tempo que dure a redución da súa xornada de traballo, sempre que o outro proxenitor ou  gardador con fins de adopción ou acolledor de carácter permanente, sen prexuízo do dereito á redución de xornada que lle corresponda, non cobre as súas retribucións íntegras en virtude deste permiso ou como beneficiario da prestación establecida para este fin no Réxime da Seguridade Social que lle sexa de aplicación. En caso contrario, só se terá dereito á redución de xornada, coa consecuente redución de retribucións.
Así mesmo, no caso de que ambos presten servizos no mesmo órgano ou entidade, esta poderá limitar o seu exercicio simultáneo por razóns fundadas no correcto funcionamento do servizo.
Cando a persoa enferma contraia matrimonio ou constitúa unha parella de feito, terá dereito á prestación quen sexa o seu cónxuxe ou parella de feito, sempre que acredite as condicións para ser beneficiario.
Regulamentariamente estableceranse as condicións e supostos nos que esta redución de xornada poderase acumular en xornadas completas."


Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

RESULTADOS ELECCIÓNS SINDICAIS 2023

Como sabedes, onte celebráronse eleccións sindicais na Administración de Xustiza en Galiza. Os resultados para a CIG non foron satisfactorios porque, ainda que se ben aumentamos en votos, perdemos unha delegad@ na provincia da Coruña e outra na de Pontevedra. Queremos felicitar aos compañeiros/as de Lugo que, con 4 delegad@s, son a forza maioritaria nesa provincia.  Os/ as demais abrimos un momento de reflexión sobre o traballo realizado e a maneira de melloralo de cara a conseguir unha maior confianza por parte dos/as traballadores/as de Xustiza. Queremos agradecer tamén a todos aqueles e aquelas que confiastes en nós e nos destes o voso voto. Por vós seguiremos loitando da maneira que nos caracteriza e intentando que o noso traballo chegue a máis xente. "Non podemos cambiar o mundo, pero o mundo non nos vai cambiar a nós".