Saltar ao contido principal

SENTENZA ESTIMATORIA SELECCIÓNS INCORRECTAS PERSOAL INTERINO SPEG

Una vez máis, a CIG tivo que acudir aos tribunais, en defensa da prestación correcta dun servizo público e das traballadoras/es da Administración de Xustiza de Galiza, ante o atropelo levado a cabo pola Dirección Xeral de Xustiza nas repetidas seleccións do persoal interino efectuadas a través do SPEG. Na sentenza acadada o xuiz non da crédito a inobservancia da norma realizada pola administración neste tipo de selección onde, os respectivos servizos de xustiza, executando as ordes da Dirección Xeral, realizaban unha selección totalmente anómala a través do servizo público de emprego, que se saltaba todos os requisitos establecidos na Orde do 4 de outubro de 2018. A administración permitía que persoas con méritos so en auxilio puideran optar a prazas de tramitación e xestión, e viceversa. Así mesmo, esixía o cumprimento dos requisitos de servizos prestados e exames aprobados, cando realmente aos compoñentes da bolsa só se lles esixía un deses requisitos. Todas estas tropelías foron denunciadas pola CIG, posto que se lles estaba a outorgar méritos futuros a persoas que non reunían os requisitos establecidos na lei para poder obtelos. Deste xeito, agora haberá persoal interino con méritos por tempo traballado, que poderá facer valer nos vindeiros procesos selectivos de concurso-oposición, que non deberían ter, xa que non cumprían os requisitos fixados para desempeñar eses postos de traballo e, pola contra, si haberá persoal cualificado que nunca puido obter ditos méritos. Deste xeito a administración, en cada proceso de selección, escollía a unha minoría de persoal, no canto de escoller a todas/os o candidatos/as posibles que cumpriran con requisitos de cada corpo e, non contenta con iso, permitía e facía valer méritos obtidos nun corpo para o acceso a outro corpo diferente. Esta actuación da adminitración costoulle a estimación total da nosa demanda e a imposición de 500 € euros en custas.

Ligazón sentenza:

https://drive.google.com/file/d/1TCH2XhH6pybvbjYk8dGPfYpyZYRQg-my/view?usp=sharing

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

RESULTADOS ELECCIÓNS SINDICAIS 2023

Como sabedes, onte celebráronse eleccións sindicais na Administración de Xustiza en Galiza. Os resultados para a CIG non foron satisfactorios porque, ainda que se ben aumentamos en votos, perdemos unha delegad@ na provincia da Coruña e outra na de Pontevedra. Queremos felicitar aos compañeiros/as de Lugo que, con 4 delegad@s, son a forza maioritaria nesa provincia.  Os/ as demais abrimos un momento de reflexión sobre o traballo realizado e a maneira de melloralo de cara a conseguir unha maior confianza por parte dos/as traballadores/as de Xustiza. Queremos agradecer tamén a todos aqueles e aquelas que confiastes en nós e nos destes o voso voto. Por vós seguiremos loitando da maneira que nos caracteriza e intentando que o noso traballo chegue a máis xente. "Non podemos cambiar o mundo, pero o mundo non nos vai cambiar a nós".