Saltar ao contido principal

REFORZO FORMACIÓN NO EXPEDIENTE XUDICIAL ELECTRÓNICO (EXE)

Nos próximos días, vaise desenvolver un plan de reforzo presencial do coñecemento e uso operativo do EXE nos órganos xudiciais enfocado á formación do expediente xudicial dixitalizado e á realización das comunicacións telemáticas para apoiar no cumprimento das Instruccións 1/2022, 2/2022 e 3/2022 da Secretaría de Goberno. Agradeceriámosvos a divulgación desta información entre o persoal interesado.

 

Os obxectivos destas sesións son os seguintes:

 

  • Impulsar o Expediente Xudicial Electrónico.
  • Difundir boas practicas no uso de documentos dixitais, no cumprimento dos pasos e nos hábitos funcionais de usos dos sistemas para conformar o Expediente Xudicial Electrónico, co obxectivo de garantir a fiabilidade e o correcto procesamento dos datos incluídos no EXE, facilitando o acceso e a explotación da información que contén.
  • Aumentar e fixar o coñecemento sobre os procesos e uso operativo dos sistemas que dan soporte ao Expediente Xudicial Electrónico.
  • Divulgar e ampliar o modelo de aprendizaxe e as ferramentas ao servizo dos usuarios desde o seu posto de traballo. Orientar ás persoas usuarias cara a procura da información de soporte nas canles existentes: Intranet e a plataforma de teleformación.

 

Achegamos documento co plan de reforzo presencial e online nos órganos e, a continuación, trasladámosvos as datas planificadas para as sesións presenciais por cada provincia para a primeira quincenana

Provincia Municipio Órgano Data Horario
Lugo Lugo Instrución 1 12/09/22 9h-11:30h
Lugo Lugo Instrución 3 12/09/22 11:45-14:15h
A Coruña Ribeira Mixto 1 12/09/22 9h-11:30h
A Coruña Ribeira Mixto 2 12/09/22 11:45-14:15h
Ourense Ourense Instrución 3 12/09/22 9h-11:30h
Ourense Ourense Menores 12/09/22 11:45-14:15h
A Coruña A Coruña Instrución 1 13/09/22 9h-11:30h
A Coruña A Coruña Instrución 2 13/09/22 11:45h-14:15h
Ourense Ourense Instrución  1 13/09/22 9h-11:30h
Ourense Ourense Instrución 2 13/09/22 11:45-14:15h
A Coruña Muros Mixto 1 14/09/22 9h-11:30h
Pontevedra Pontevedra Instrución 1 15/09/22 9h-11:30h
Pontevedra Pontevedra Instrución 3 15/09/22 11:45h-14:15h
A Coruña Santiago Instrución 2 15/09/22 9h-11:30h
A Coruña Santiago Penal 1 15/09/22 11:45-14:15h
A Coruña A Coruña Instrución 3 16/09/22 9h-11:30h
A Coruña A Coruña Instrución 4 16/09/22 11:45-14:15h
A Coruña Santiago Instrución 1 16/09/22 9h-11:30h
A Coruña Santiago Instrución 3 16/09/22 11:45-14:15h

Os órganos serán informados individualmente das súas datas e horarios no buzón de correo electrónico do órgano xudicial.

Ligazón plan formativo:

https://drive.google.com/file/d/1QwHcOLG0L8P6qmjRUzkWnGmVsWl91ZUj/view?usp=sharing

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

RESULTADOS ELECCIÓNS SINDICAIS 2023

Como sabedes, onte celebráronse eleccións sindicais na Administración de Xustiza en Galiza. Os resultados para a CIG non foron satisfactorios porque, ainda que se ben aumentamos en votos, perdemos unha delegad@ na provincia da Coruña e outra na de Pontevedra. Queremos felicitar aos compañeiros/as de Lugo que, con 4 delegad@s, son a forza maioritaria nesa provincia.  Os/ as demais abrimos un momento de reflexión sobre o traballo realizado e a maneira de melloralo de cara a conseguir unha maior confianza por parte dos/as traballadores/as de Xustiza. Queremos agradecer tamén a todos aqueles e aquelas que confiastes en nós e nos destes o voso voto. Por vós seguiremos loitando da maneira que nos caracteriza e intentando que o noso traballo chegue a máis xente. "Non podemos cambiar o mundo, pero o mundo non nos vai cambiar a nós".