Saltar ao contido principal

TELEFORMACIÓN EN LIÑA DO PLAN DE REFORZO DA ADMINISTRACIÓN XUDICIAL ELECTRÓNICA (AXE)

Está dispoñible na Plataforma de Teleformación de Xustiza o Plan de Reforzo AXE, versión en liña, que complementa a formación que se está a impartir de xeito presencial. Poderás matricularte na dita actividade tendo en conta a data asignada ao teu órgano:

  1. Martes 20/09:

    • Grupo 1: xulgados de instrución, penal, menores, violencia sobre a muller e vixilancia penitenciaria.
    • Grupo 2: xulgados de primeira instancia e instrución.
    • Grupo 3: seccións da AP e TSXG.
  2. Xoves 22/09:

    • Grupo 4: xulgados do social.
    • Grupo 5: xulgados do contencioso-administrativo.
    • Grupo 6: xulgados de primeira instancia.

Para poder completar o proceso de automatriculación, terás que introducir unha chave que recibirá previamente o órgano mediante correo electrónico . Aquí tes dispoñible o proceso de matriculación paso a paso. A continuación atoparás unha táboa cos contidos do Plan de Reforzo en liña.

Ademais, continúan dispoñibles as pílulas formativas en liña de acceso aberto, que che solucionarán as dúbidas relacionadas coas funcións que desempeñas no día a día no teu posto de traballo.

Ligazón contidos:

https://intranet.xustiza.gal/-/formacion-activase-o-plan-de-reforzo-do-conecemento-axe-na-sua-version-en-lina-consulta-os-contidos-da-actividade-e-a-data-asignada-ao-teu-organo?inheritRedirect=true&redirect=%2Finicio#online 

Ligazón matriculación:

https://intranet.xustiza.gal/-/formacion-activase-o-plan-de-reforzo-do-conecemento-axe-na-sua-version-en-lina-consulta-os-contidos-da-actividade-e-a-data-asignada-ao-teu-organo?inheritRedirect=true&redirect=%2Finicio#matriculacion

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

RESULTADOS ELECCIÓNS SINDICAIS 2023

Como sabedes, onte celebráronse eleccións sindicais na Administración de Xustiza en Galiza. Os resultados para a CIG non foron satisfactorios porque, ainda que se ben aumentamos en votos, perdemos unha delegad@ na provincia da Coruña e outra na de Pontevedra. Queremos felicitar aos compañeiros/as de Lugo que, con 4 delegad@s, son a forza maioritaria nesa provincia.  Os/ as demais abrimos un momento de reflexión sobre o traballo realizado e a maneira de melloralo de cara a conseguir unha maior confianza por parte dos/as traballadores/as de Xustiza. Queremos agradecer tamén a todos aqueles e aquelas que confiastes en nós e nos destes o voso voto. Por vós seguiremos loitando da maneira que nos caracteriza e intentando que o noso traballo chegue a máis xente. "Non podemos cambiar o mundo, pero o mundo non nos vai cambiar a nós".