Saltar ao contido principal

COBRO DOS ATRASOS DA TRAXECTORIA PROFESIONAL

A administración autonómica está procedendo ao ingreso paulatino dos atrasos do ano 2022 da traxectoria profesional. Dito ingreso, como se comprometera a administración, fíxose na primeira semana posterior á finalización das festividades de nadal. Ao tratarse de emolumentos de 2022 figurarán como tal na certificación de haberes dese ano e, polo tanto non será necesario realizar unha declaración complementaria de IRPF, posto que os emolumentos percibidos, ainda que serán pagados en 2023, corresponden a 2022. 

Ao aumentar coa percepción dos atrasos pola traxectoria profesional os emolumentos percibidos en global ao longo de 2022, a previsión da retención por IRPF tivo que ser reaxustada e, polo tanto, o tipo de retención aplicada agora vaise ver incrementada con respecto ao que se reflectiu na primeira nómina emitida en decembro que, por outra banda, é algo que ocorre normalmente ao longo do ano cando se percibe algunha remuneración non prevista ao inicio do ano.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

RESULTADOS ELECCIÓNS SINDICAIS 2023

Como sabedes, onte celebráronse eleccións sindicais na Administración de Xustiza en Galiza. Os resultados para a CIG non foron satisfactorios porque, ainda que se ben aumentamos en votos, perdemos unha delegad@ na provincia da Coruña e outra na de Pontevedra. Queremos felicitar aos compañeiros/as de Lugo que, con 4 delegad@s, son a forza maioritaria nesa provincia.  Os/ as demais abrimos un momento de reflexión sobre o traballo realizado e a maneira de melloralo de cara a conseguir unha maior confianza por parte dos/as traballadores/as de Xustiza. Queremos agradecer tamén a todos aqueles e aquelas que confiastes en nós e nos destes o voso voto. Por vós seguiremos loitando da maneira que nos caracteriza e intentando que o noso traballo chegue a máis xente. "Non podemos cambiar o mundo, pero o mundo non nos vai cambiar a nós".