As centrais sindicais, que conforman a Xunta de Persoal de funcionarios ao servizo da Administración de Xustiza da provincia de Pontevedra, decidimos recorrer o acordo do Xúiz Decano de Vigo polo que se decidiu establecer unha reserva exclusiva de prazas de aparcadoiro en favor de maxistradas/os, fiscais e letradas/os, en detrimento de que dita reserva o fora para todos os corpos, sin distinción ningunha, por motivos de conciliación familiar, tal e como nun principio ia ser polo falado coa adminsitración autonómica, non para establecer unha reserva privilexiada de prazas de aparcadoiro a aqueles traballadores dos corpos superiores que non chegan cedo a traballar (aínda que hainos que si chegan cedo, tendo igual ou superior carga de traballo dos que non o fan).
Ligazón acordo reserva de prazas:
https://drive.google.com/file/d/1R1dVJmaymE2k22wJwLWUExQOyrGYrXME/view?usp=sharing
Ligazón recurso alzada CXPX:
https://drive.google.com/file/d/17LJZb6G7WozGU5ogDTE-5kuYwunqmY_r/view?usp=sharing
Comentarios
Publicar un comentario