Saltar ao contido principal

O MAL ENDÉMICO DOS XULGADOS MIXTOS

Esta ben podería ser unha denuncia sobre os problemas que existen en calquera dos órganos xudiciais mixtos das vilas galegas, tal e como xa reflectimos en outras novas como o caso de Ortigueira na provincia da Coruña ou o de Viveiro na provincia de Lugo, entre outros moitos, pero no presente caso os afectados son os órganos da provincia de Pontevedra. 

A administración segue a manter uns cadros de persoal exiguos nos órganos das vilas o que leva aparellado que, fronte a unha carga de traballo elevada, ditos órganos non poidan asumir a mesma e a tramitación dos expedientes se vexa retrasada por meses. Dunha vez por todas a administración vai ter que poñerse mans á obra para reforzar os cadros de persoal deses órganos xudiciais, ben con persoal de reforzo, ben con prolongacións de xornada ou, o que sería máis lóxico, negociar un aumento dos cadros de persoal dos xulgados mixtos para poder asumir esa carga de traballo.

Ligazón escrito de denuncia:

https://drive.google.com/file/d/1xLhEUyBxnDHt8knp-YZE4yfMK0n0MPZb/view?usp=sharing   

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

RESULTADOS ELECCIÓNS SINDICAIS 2023

Como sabedes, onte celebráronse eleccións sindicais na Administración de Xustiza en Galiza. Os resultados para a CIG non foron satisfactorios porque, ainda que se ben aumentamos en votos, perdemos unha delegad@ na provincia da Coruña e outra na de Pontevedra. Queremos felicitar aos compañeiros/as de Lugo que, con 4 delegad@s, son a forza maioritaria nesa provincia.  Os/ as demais abrimos un momento de reflexión sobre o traballo realizado e a maneira de melloralo de cara a conseguir unha maior confianza por parte dos/as traballadores/as de Xustiza. Queremos agradecer tamén a todos aqueles e aquelas que confiastes en nós e nos destes o voso voto. Por vós seguiremos loitando da maneira que nos caracteriza e intentando que o noso traballo chegue a máis xente. "Non podemos cambiar o mundo, pero o mundo non nos vai cambiar a nós".