1º. Unha vez cargados de oficio, por unha banda, e recibidos por outra os méritos a que se fai referencia na Base I-B, fase de concurso, do Anexo I da convocatoria do proceso selectivo de Xestión Promoción interna, e de conformidade co establecido na base 7.3, acórdase publicar a través do aplicativo informático de méritos, a relación de aspirantes coa valoración provisional de méritos da fase de concurso, con indicación da puntuación obtida en cada apartado e a total, así como o manual de usuario para efectuar alegacións.
2º. Os aspirantes dispoñerán dun prazo de dez días hábiles a contar desde o día 10 ao 24 de maio, ambos inclusive, para efectuar as alegacións pertinentes.
Comunícase que non serán comprobadas as alegacións presentadas relativas a aqueles méritos cuxa puntuación chegase á máxima posible.
No caso de alegacións relativas ao mérito de servizos prestados, deberase presentar certificado dos mesmos no que conste toda a súa vida laboral completa.
3º. As alegacións presentaranse a través dun aplicativo informático, no que poderán acceder pulsando no seguinte URL, seguindo os pasos que se indiquen: https://pubwebseal.xustiza.es/sap/public/sap/bc/webdynpro/sap/zasistente_co_gta_acceso
4º Finalizado devandito prazo e vistas e resoltas as alegacións, o Tribunal publicará a relación coa valoración definitiva da fase de concurso.
Ligazón páxina Ministerio:
Ligazón listaxe:
Ligazón manual reclamacións:
https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/MANUAL_USUARIO_ALEGACIONES.pdf
Comentarios
Publicar un comentario