Saltar ao contido principal

MESA SECTORIAL DE XUSTIZA DE GALIZA, DIA 15 DE MAIO

O día 15 de maio hai mesa Sectorial de Xustiza en Galiza, os temas que se van a tratar son os seguintes:



- Aprobación, se é o caso, da Acta correspondente o día 01-03-2007

- Substitucións e atribucións

- Decreto sobre arquivos xudiciais territoriais e xunta de expurgo de Galicia

- Reordenación de efectivos

- Plantilla Xulgado Violencia sobre a Muller A Coruña

- Incremento 1% masa salarial

- Rogos e Preguntas

RESUMO DO ACONTECIDO NA MESA

Mais ben pouco ou case nada pode decirse da reunión da mesa sectorial de xustiza mantida onte día 15 de maio na que se presentou oficialmente a nova Directora Xeral D. Begoña Santos Fernández. Case que ningún dos temas tratados foi cerrado e quedaron pendentes de novas mesas sectoriais nas que se poidan tratar máis amplamente. Sen prexuizo do indicado, o acontecido nos temas tratados resúmese do seguinte modo:

  • Substitucións verticais e atribución de funcións: Novamente a administración compareceu sen unha oferta económica sobre o particular, polo que a negociacion do texto articulado que regulará ditas situacións quedou pendente de que a oferta económica sexa presentada dunha vez por todas. Tendo enconta que outros territorios xa concretaron o pago ao 100% das substitucións verticais (entre distintos corpos) e unhas contías adecuadas para as atribucións de funcións (entre o mesmo corpo), a CIG solicitou isto mesmo para os funcionarios do noso ámbito territorial. A proposta da CIG feita no seu día pasaba polo pagamento do 100% da substitución e dunha cantidade determinada por cada día de atribución de funcións.
  • Cadro de persoal do Xulgado de Violencia da Muller da Coruña: O cadro que ao final a administración estimou necesario para este órgano xudicial, que en principio só atenderá ao partido xudicial da Coruña, será idéntico ao de Vigo, e dicir, 2 xestores, 4 tramitadores e 2 auxilio. Non obstante a CIG solicitou que o cadro de persoal fose de 3 xestores, 4 tramitadores e 2 auxilio e que o Xulgado de Vigo se lle incrementase un xestor máis. Así mesmo solicitouselle a administración a extensión do acordo económico actual a todos os Xulgados de Violencia, a renegociación do complemento para aqueles que reflictan maior carga de traballo e axustes no cumprimento horario.
  • Paga adicional na extra do c.específico: Ao parecer a administración indica que non vai a haber problemas para que se abonen nas pagas extras de xullo e decembro as contías fixadas na orde PRE/530/2007 de 5 de marzo (BOE 10/3/2007).
    os importes que se incrementara cada unha das pagas extras de xullo e decembro seran:
    CORPO DE XESTION 134,30 €
    CORPO DE TRAMITACION 117,30 €
    CORPO DE AUXILIO 109,65 €
    M. FORENSES 212,50 €
  • No punto de varios e dado o tempo transcorrido desde a última xuntanza da mesa sectorial, a CIG fíxolle chegar a administración, en primeiro lugar por escrito no día anterior e, posteriormente ratificou na propia mesa, as seguintes peticións:
  • --------O urxente nomeamento dun reforzo para o xulgado que atende ao Rexistro Civil de Vilagarcía de Arousa e que o mesmo se prorrogue máis alo dos tres meses do verán. De momento a administración acordou xa para este xulgado o nomeamento dun reforzo do corpo de tramitación. Neste tema a CIG insistiu na importancia dos Rexistros Civis de toda Galicia e na necesidade de por en marcha dunha vez a informatización e reforzar nestas vacacións a prestación do servizo, xa que é precisamente nesta época cando aumenta moi consirablemente o traballo nestas oficinas.
  • -------- Instouse da administración que precisara o estado no que se encontra a adxudicación das obras para as instalacións do aire acondicionado nas cidaddes de Cangas, Cambados, O Porriño, Vigo e Vilagarcía e que as mesmas se inicien de inmediato dada a proximidade da tempada estival.
  • ---------- Manifestamos a nosa oposición a que se leve a cabo un proceso de transformación en persoal laboral ou funcionario daqueles traballadores “idóneos” destinados nos xulgados de paz de menos de 7.000 habitantes, indicando que os postos de traballo dos órganos xudiciais están reservados ao persoa ao servizo da administracion de xustiza. Esta manifestación fíxose ao ter coñecemento que a administración autonómica está a manter conversas cos distintos concellos para ver de solucionar a situación de ditos traballadores.
  • ----------- Pediuse a publicación dunha instrucción da Dirección Xeral que clarifique e unifique os permisos e licenzas que na actualidade poden ser solicitados polos traballadores da Administración de Xustiza.
  • ----------- Preguntouse a administración onde están repercutidos os cartos que o Ministerio de Xustiza no seu territorio de competencia dedica ao famoso plan de pensións de CC.OO. e UGT e que na nosa comunidade función pública decidiu incluir nas nóminas respectivas no canto de facer as aportacións ao plan de pensións.
  • ------------ Insistiuselle a administración autonómica a necesidade de fixar un calendario de negociación e de aumentar a frecuencia das reunións a fin de poder abordar os temas coa suficiente amplitude.
  • ------------ Pediúselle a administración aclarase se pensa abonar de oficio os trienios do persoal interino de xustiza ao que contestouse que existían dúbidas debido á redacción da LOPX. Paradóxicamente o resto de persoal interino dependente da Xunta de Galicia si percibirá estes trienios segundo a Orde de 9 de maio de 2007 (DOG 14-5-2007). Para a CIG non existe dúbida ningunha e debe aplicarse o artigo 25.2 do Estatuto da Función Pública sen ningún tipo de restricción.
  • ------------- Trasladouse tamén como petición o feito de que aquelas prazas de reforzo por varios anos existentes no noso territorio e que deixaron de ser coiunturais para pasar a ser estructurais sexan incrementadas definitivamente nos cadros de persoal respectivos para súa provisión por persoal titular.
  • --------------Por enésima vez instouse a administracón a incrementar o capítulo económico da Acción Social e chegar dunha vez por todas a 1% da masa salarial, tal e como se comprometera o anterior Director Xeral, ainda que fora dun xeito paulatino. O que non pode ser é que desde as transferencias manteñamos o mesmo importe adicado á acción social.
  • ------------Finalmente solicitouse o aumento dunha persoa máis na garda ordinaria en Vigo ao igual que se está a facer noutras poboacións de Galicia. Pediuse que Vigo pasase a ser considerada como poboación con garda de 24 horas o que redundaría nunha mellora considerable na prestación do servizo cara ao cidadán e nunha menor penosidade para os traballadores da Admón. de Xustiza

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr