Saltar ao contido principal

NOVO MINISTRO DE XUSTIZA



Bermejo dimite como ministro de Xustiza



O ministro de Xustiza, Mariano Fernández Bermejo, vén de anunciar que renuncia ao seu cargo no Goberno central. Esta mañá, convocara unha rolda de prensa de urxencia sen comunicar o motivo da convocatoria
"Marcho porque o escenario actual tomaba tintes que non me gustan. Nunca estiven pegado ao sillón". Esas foron as verbas do ministro na rolda de prensa. Non admitiu preguntas e desexou que a persoa que o substitúa "continúe co escenario ilusionante" co que el aceptou o cargo. O xa ex ministro aclarou que queda como deputado do PSOE.
Fernández Bermejo, que estivo case dous anos á fronte da carteira de Xustiza e que se enfrontou á primeira folga de xuíces, anunciou a súa renuncia logo de verse envolvido nas últimas semanas nunha intensa polémica ao transcender que coincidiu nunha cacería en Jaén en compañía de xuíz da Audiencia Baltasar Garzón a fin de semana posterior ás primeiras detencións efectuadas coa denominada 'Operación Gurtel'. Pola outra banda, Bermejo carecía de licenza para cazar na finca de Andalucía na que se produciu a cacería. Tras esa cacería o PP pediu en repetidas ocasións a dimisión do ministro e mesmo deu por suspendido o Pacto pola Xustiza mentres este continuase no seu cargo. Nesta causa o xuíz investiga unha presunta trama de corrupción e tráfico de influencias que ofrecería "dádivas e subornos" a funcionarios e autoridades de administracións do PP das comunidades autónomas de Madrid e Valencia.


O galego Francisco Caamaño, novo ministro de Xustiza


Frascisco Caamaño, até o de agora secretario de Estado de Relacións coas Cortes, substituirá a Mariano Fernández Bermejo como ministro de Xustiza
O novo ministro de Xustiza naceu o 8 de xaneiro de 1963 na vila coruñesa de Cee e licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Dende entón, a súa traxectoria profesional estivo vinculada ao Dereito Constitucional, materia que impartiu, como Profesor Titular, na citada Universidade.
Designado Letrado do Tribunal Constitucional en 1993, no 2002 obtivo a praza de Catedrático na Universidade de Valencia. Ademais, foi director da Fundación Democracia e Goberno Local e codirector da Revista 'Cadernos de Dereito Local

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr