Saltar ao contido principal

OS TRIBUNAIS ANULAN UNHA RESOLUCIÓN DA DIRECCION XERAL SOBRE SUBSTITUCIÓNS


Un xulgado do contencioso-administrativo ven de anular por sentenza unha resolución da Dirección Xeral de Xustiza pola que se lle notificaba a unha compañeira o seu cesamento na praza de substitución do corpo de xestión que ocupaba por estar de permiso por parto. A sentenza establece que, tal e como di o art. 74.7 do Regulamento de ingreso "o funcionario substituto cesará cando se incorpore o titular do posto ou finalice a causa que motivou a substitución". Polo tanto, ningún tipo de baixa ou situación diferente ás sinaladas pode ser causa para que se produza o cesamento nun posto de substitución. Ademáis, neste caso se daba a circunstancia agravante de que o motivo era a súa maternidade, o que supón unha situación gravemente discriminatoria.
Esperemos que unha sentenza sexa razón suficiente para que quen decidiu dictar esta resolución na Dirección Xeral mude a súa actitude tanto neste tema coma noutros nos que se está a mostrar cunha intransixencia case irracional, como é no caso das substitucións horizontais.
Dende a CIG axudarémosvos a defender ate o final os vosos dereitos

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.