Saltar ao contido principal

CONCURSO DE TRASLADO PRÓXIMA CONVOCATORIA (2009)

A Dirección Xeral de Xustiza pasounos un borrador das prazas que nun principio podería sacar no concurso deste ano alo polo mes de abril. As prazas incluidas neste primer borador son:






a CIG non estando conforme coas mesmas formulou as alegacións seguintes:



  • En primeiro lugar non estamos de acordo con que non se convoquen as prazas referentes os Xulgados de Paz tanto no referente as Secretarias como as de Xestión, pois aínda que se diga que como están próxima a constitucións das Agrupacións das Secretarias non se quitan, esta non debe ser causa para a non convocatoria de ditas vacantes, pois a Administracións posúe diversos mecanismos para adaptar no seu día os cadros de persoal as RPTs que se determinen para cada unha das diferentes agrupacións, se é que realmente algún día se chegan a constituír, cuestión que dudamos ante o nulo intres que a Dirección Xeral mostra por este tema.

  • Tampouco estamos de acordo co bloqueo das 30 prazas do Corpo de Xestión, pois o noso Sindicato estima que todas e cada unha das prazas que no último concurso de traslado foron declaradas desertas, o foron de forma irregular, e así presentamos o correspondente recurso ante esa Administración (recurso presentado con data 15 de decembro, e que aínda a día de hoxe non nos contas que fose resolto). Polo que todas as prazas non cubertas no anterior concurso deberán ser consideradas vacantes, nunca desertas, e necesariamente deberán saír convocadas no vindeiro concurso. Caso de non ser así e tampouco resolver o recurso que temos presentado estaríasenos a causar unha indefensión non permitíndonos aducir a vía Contencioso-Administrativo (xa que a vía administrativa non esta esgotada), polo que posiblemente o próximo concurso podería ser impugnado.

  • Tamén estimamos que como o vindeiro 1 de abril empeza a funcionar o Xulgado Mercantil 2 da Coruña, data que posiblemente o concurso aínda non fora convocado, polo que as prazas do mesmo deberían de ser incluídas entre as convocadas neste concurso, pois de non ser así estarían mais dun ano sen cubrir por titulares, cuestión esta que influirá negativamente na mellora do servicio publico da Xustiza.

  • Do mesmo xeito este Sindicato ten coñecemento de que na provincia de Pontevedra no mes de marzo produciranse dúas xubilacións concretamente no corpo Xestión no Xulgado de Paz de Salvaterra a e no Xulgado do Contencioso nº 1 - Vigo, polo que tamén deberían de ser incluídas no próximo concurso pois de non facelo pasaría do mesmo xeito que no caso do Mercantil de A Coruña.


Por todo elo:


Interesamos que se inclúan na relación de vacantes para o vindeiro concurso:




  1. Todas as prazas sen cubrir dos Xulgados de Paz tanto no referentes a Secretarias como do Corpo de Xestión.

  2. Que non se consideren desertas as prazas non cubertas no ultimo concurso, senón como vacantes, e desa forma non se bloqueen as 30 prazas do corpo de xestión.

  3. Que se convoquen as prazas correspondentes a Xulgado de Mercantil 2 de Coruña

  4. Que inclúan as xubilacións do mes de marzo da provincia de Pontevedra así como outras posibles que a Administración teña coñecemento e que se produzan antes da convocatoria do concurso.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr