Segundo conversas mantidas no día de onte cos responsables ministeriais, por estes se confirmou na mesa sectorial que a convocatoria do concurso de traslados estaba prevista para finais de abril, toda vez que debido ao cambio sufrido na convocatoria de oposicións (pasamos de 1164 prazas a 300) houbo que reestruturar as vacantes que poderían saír en todas as comunidades. En fin, agardamos que a convocatoria non se dilate moito máis no tempo, non vaia ser que ao final se convoque en maio.
Comentarios
Publicar un comentario