O pasado xoves 16 de abril
celebráronse as eleccións ás Xuntas de Persoal Funcionario da Xunta nas catro provincias e en Servizos Centrais, nas que a CIG obtivo 51 representantes
no total da Galiza, o que supón un incremento de 9 delegados/as. Uns resultados
que para a CIG-Administración “son mostra da confianza do persoal funcionario
da Xunta de Galiza na xestión e traxectoria da CIG e supoñen un voto de castigo
ás políticas do Partido Popular en relación á Administración Pública”.
Agardamos pois entón, nas vindeiras eleccións a celebrar no sector de Xustiza o próximo 18 de xuño, contarmos igualmente co respaldo dos traballadores da Administración de Xustiza.
Comentarios
Publicar un comentario