Saltar ao contido principal

NOVAS PRAZAS A SUBSTITUCIÓN E ADXUDICACIÓNS

Publicáronse na intranet xudicial o día 02/10//2015 os avisos de novas prazas ofertadas en substitución así como a adxudicación das anteriormente publicadas. Podedes tamén consultar directamente a información premendo nas ligazóns que se achegan abaixo. 
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 2, 5 e 6 DE OUTUBRO.

Ligazón novas substitucions:

Ligazón substitucións adxudicadas:
https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNU0liajBTMGtsWkU/view?usp=sharing

Comentarios

Publicacións populares deste blog

RESOLUCIÓN DO MINISTERIO DE XUSTIZA FRONTE A CRISE DO CORONAVIRUS - NA XUNTA SEGUIMOS NAS BERZAS

O Ministerio de Xustiza acaba de dictar e difundir unha Resolución de aplicación ao persoal dos Corpos Xerais, Médicos Forenses, Letrados da Administración de Xustiza, Corpos Especiais e Persoal non Transferido do seu territorio, de xeito mimético á que dictou a Administración Xeral do Estado, a fin de minimizar a máis que probable influencia do Coronavirus na Administración de Xustiza, sobre todo facendo fincape nos servizos que teñen unha atención ao público moi directa (Rexistros Civis, Imelgas e Servizos Comúns, por exemplo) ou que teñen moito persoal no seu cadro de traballadores (Fiscalías).  A estas alturas do problema nin a Dirección Xeral de Xustiza nin a Xunta de Galiza, como máximo órgano directivo, dictou este tipo de Resolución no noso ámbito, polo que as traballadoras/es da Administración de Xustiza estamos a quedar sen unha protección específica e clara fronte ao Coronavirus. E mentras, outros fachendeando da chegada e instalación de dispensadores do xel hidroalcoholico.

VIDEOCONFERENCIA CO MINISTRO DE XUSITZA - NOVO REAL DECRETO DE MEDIDAS URXENTES

Hoxe, xunto coas organizacións sindicais CSI-F, STAJ, CCOO, UXT e ELA mantivemos unha videoconferencia co Ministro de Xustiza. O ministro pivotou a súa intervencion sobre tres cuestións de vital importancia para enfrontrar os seguintes meses coas suficientes garantías para evitar a propagación do virus, o que precisamente incide de xeito fundamental na distancia que debería manter o persoal na súa futura volta ao traballo. 
Á vista do manifestado, o Ministerio de Xustiza quere publicar unha norma, con caracter urxente, que teña unha duración temporal de ata os tres meses posteriores á suspensión do estado de alarma, na que básicamente se adopten tres  medidas fundamentais para poder realizar a desescalada e reincorporación do persoal coas suficientes garantías.
Primeira: Sen prexuízo de ir potenciando a funcionalidade do teletraballo, dado o tempo que requerirá o total desenvovemento desta medida, a primeira das cuestións  expostas foi recoller a posibilidade de implementar que parte d…