A CIG DENUNCIA O ESCURANTISMO CO QUE SE ESTÁ A LEVAR A CABO A DISTRIBUCIÓN DOS ESPAZOS NA FÁBRICA DE TABACOS
Por
medio dun escrito remitido pola súa delegada de prevención, este
sindicato denuncia que a Dirección Xeral está a deseñar a ubicación dos
órganos
xudiciais que se trasladarán á nova sede da Fábrica de Tabacos cun total
escurantismo e de costas á representación do persoal que vai
ocupar
esas dependencias e dos/as delegados/as de
prevención. De feito, cónstanos que se están a enviar planos das
distribucións proxectadas a algúns “altos cargos”, pero non ás centrais
sindicais. E, só dun pequeno vistazo a eses planos, xa se vislumbran múltiples
eivas e carencias que non só afectan ao persoal que vai traballar alí senón
tamén ás futuras vítimas e prexudicados/as.
Se a
Administración non quere verse con graves problemas á hora do traslado, así como
coa oposición ao mesmo desta central sindical, instamos á Dirección Xeral a que
convoque de maneira urxente tanto ás centrais sindicais como ao Comité de
Prevención e Saúde Laboral e nos de traslado dos proxectos de ubicación dos
distintos órganos xudiciais que serán realoxados na nova sede, así como que se
organice una visita ás instalacións que non teña só contido político e propagandístico.
Ligazón escrito presentado:
Comentarios
Publicar un comentario