Saltar ao contido principal

CONVOCATORIA OPOSICIÓNS 2016 - ÚLTIMA HORA

Segundo informou o Ministerio de Xustiza na xuntanza celebrada hoxe 27 de abril, as oposicións da Oferta de Emprego Público de 2016 (2189 prazas) serán convocadas no mes de xuño polo sistema de CONCURSO-OPOSICIÓN para a quenda de acceso por PROMOCIÓN INTERNA e, no mes de xullo ou, no seu caso, no mes de setembro, polo sistema de OPOSICIÓN, a quenda de acceso por LIBRE.
A oferta de emprego público para 2017 nin está nin se lle espera, polo que se xuntará, no seu caso, coa de 2018 e, xa se verá se, tras as modificacións regulamentarias correspondentes, se fan sendas convocatorias de concurso-oposición para ambas quendas de promoción e libre.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

INAUDITO, HORAS EXTRA NA ADMÓN. DE XUSTIZA. CHEGARON AS PEONADAS Á ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA A TRAVÉS DOS PLANS DE ACTUACIÓN.

Ponse á disposición do persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia o modelo de solicitude para o caso de que desexe participar no plan de recuperación do traballo previsto na cláusula 8ª do Acordo de 23/05/2018 O número de horas e número de días á semana de duración do plan axustarase en función da carga de traballo nos distintos centros de traballo e do número de solicitantes. O importe da hora extraordinaria correspondente a cada corpo é o seguinte: (A2-Corpo Xestión): 29,97 €, (C1-Corpo Tramitación): 22,66 €; (C2-Corpo Auxilio): 17,03 €. A dita solicitude deberá remitirse ao enderezo electrónico que figura no propio impreso antes das 14:00 horas do vindeiro  xoves 7  xuño de 2018, poñendo como nome do arquivo ApelidosNome_DNI_Participacion_PR, é dicir, no nome do arquivo da solicitude deben de firgurar os apelidos, nome e dni do interesado no formato indicado. O persoal que non poda realizar a solicitude por estar de vacacións, permisos ou licenzas, poderá…

CCOO PIDE MÁIS CARTOS EN TERRITORIO MINISTERIO DO QUE ASINOU EN GALIZA

Curiosamente, o sindicato CCOO solicita á nova Ministra de Xustiza que no territorio ministerio suba o complemento específico (en Galiza chamado CAT)  a non menos de 300€/mes, e fai uns días os seus responsables en Galiza, tras unha folga de máis de 3 meses, asinaron coa Xunta un acordo por menos da metade. A ver se algún d@s traballador@s galegos o entende e lle pide explicacións.
Ligazón:
http://www.ccoojusticia.com/2018/06/ccoo-presenta-la-nueva-ministra-las.html

CURSOS OBRIGATORIOS DE PREVENCIÓN DE RISCOS

A Inspección de Traballo da Coruña requiriu da Xunta de Galicia que se garanta que todas/os as/os funcionarias/os reciban formación en materia de prevención de riscos laborais, de conformidade co establecido no artigo 19 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de Riscos Laborais. Esta formación ten, polo tanto, carácter obrigatorio para o persoal. Esta segunda convocatoria, que sairá previsiblemente publicada no DOG do día 14/11/2018, vai dirixida aos partidos xudiciais de Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo e Ourense. 

Ligazón: https://drive.google.com/file/d/1Fesev_W7lMpk7MwAtIU1SBIwsSLIugI7/view?usp=sharing