A Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios indicou, no marco do estado de alarma en que nos achamos, que as prescricións de medicamentos que conteñan hidroxicloroquina/ cloroquina como son os medicamentos: Dolquine, Xanban; HIdroxicloriquina Ratiopharm, Hidroxicloroquina Aldo-Union, e Resochin deben realizarse nas receitas oficiais e ten que acreditarse que o paciente cumpre os requisitos establecidos para a súa prescrición.
Desde MUXEXU estan a remitir directamente a cada un das/os mutualistas afectados unha Declaración Responsable expedida pola Xerente deste organismo, para ser presentada -xunto coa receita oficial de MUXEXU correctamente cumprimentada- na oficina de farmacia para a dispensación de calquera dos medicamentos sinalados anteriormente.
Con todo, ante a eventualidade de que debido a erros ou omisións que poidan conterse na nosa base de datos, non resulte posible a remisión da Declaración Responsable, avísase ás persoas interesadas de que, se non a recibe nos próximos días, indíquenolo poñéndose en contacto cos nosos Servizos Centrais, mediante correo electrónico na seguinte dirección: farmacia.mugeju@lista.justicia.es
Comentarios
Publicar un comentario