O Sector e Xustiza da Federación de Administración Pública da Confederación Intersindical Galega denuncia publicamente e ao mesmo tempo formulou reclamación ante a "Dirección General de Recursos Humanos y Relaciones con la Administración de Justicia" polo feito de que os funcionarios de Xustiza que teñen que cesar no seu posto na Comunidade de Madrid estean obrigados a facelo de xeito presencial, no canto de facerse co certificado dixital de xeito electrónico, como ocorre no resto de comunidades.
Refírese aos funcionarios que están en comisión de servizo noutras comunidades autónomas, como Galiza, e que teñen que cesar como consecuencia da resolución definitiva do concurso de traslados ordinario.
Ligazón CONFILEGAL:
Ligazón escrito presentado:
https://drive.google.com/file/d/1j1azhEhiRVHJHO8Rf220sW2XayPsoxkc/view?usp=sharing
Comentarios
Publicar un comentario