Advertido un erro na Resolución do 4 de febreiro de 2021, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca a provisión en comisión de servizo, de forma temporal e por petición da persoa interesada, de postos de traballo nos órganos de nova creación entre funcionarios dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza, publícase a correspondente corrección de erros.
O prazo de presentación de solicitudes será de cinco (5) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria na intranet de xustiza (http://intranet.xustiza.gal) e mais na web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo (https://cpapx.xunta.gal/comisions-de-servizo).
Ademais, as solicitudes deberán adiantarse, no citado prazo de cinco (5) días hábiles, ao correo electrónico servicio.persoal.xustiza@xunta.gal, para axilizar a súa tramitación.
Ligazón:
https://drive.google.com/file/d/1pO5uqCJ_0bMzq4u78mAHGqZtA8CHxf9j/view?usp=sharing
Comentarios
Publicar un comentario