Saltar ao contido principal

RECOLLIDA DE DATOS PARA O SERGAS E PETICIÓN DE CRIBADOS

Aínda que nos Xulgados da Coruña a autoridade sanitaria galega ven de acordar un cribado masivo voluntario, non se sabe se pola incidencia existente na poboación da Coruña ou por calquera outro motivo xustificado, ante algunhas consultas de compañeiras/os sobre unha campaña de presentación de instancias para solicitar a participación nas campañas de cribado que está a realizar sanidade e, tamén co obxecto de facilitar os datos persoais a efectos de cesión dos mesmos ao Sergas, desde a CIG queremos manifestar o seguinte:

1) En canto á primeira das peticións contida nos escritos que andan a circular (nos que non consta a que organismo se dirixe a citada solicitude), comentar que descoñecemos se a día de hoxe o cribado acordado nos xulgados da Coruña se vai a extender ao resto do país e, como xa nos contestou sanidade o pasado 24/02/2021, entenden que un colectivo do 6% da poboación (o referido aos colectivos de MUXEXU, MUFACE e ISFAS) non é o suficientemente relevante como para ter que adicar os recursos públicos e esforzos da Consellería de Sanidade en tentar incluir a esas persoas nas campañas de cribado. Vamos, que co resto da poboación galega adscrita ao Sergas (se as matemáticas non fallan serían un 94%) xa lle chega para facer os cribados necesarios para o control da pandemia.

Ligazón contestación Consellería de Sanidade:

https://drive.google.com/file/d/1G9UvVDO9bp7A1eCRnH5FBqqBJsQ6NEph/view?usp=sharing

2) En canto á segunda das solicitudes contida no escrito, esa suposta cesión de datos a favor do SERGAS xa está acordada polas respectivas mutualidades aos servizos de saúde de cada comunidade autónoma, máis ala de poder discutir se esa cesión de datos por parte das mutualidades está amparada ou non pola Lei de Protección de Datos e todo isto esta sendo informado por todas as mutualidades nas súas respectivas notas informativas.
Moito non tememos que finalmente os datos contidos nas supostas solicitudes acaben formando parte dun ficheiro de datos para uso particular. Nesta era dixital hai que ter moito coidado coa cesión de datos persoais e donde se poñen os mesmos.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

RESULTADOS ELECCIÓNS SINDICAIS 2023

Como sabedes, onte celebráronse eleccións sindicais na Administración de Xustiza en Galiza. Os resultados para a CIG non foron satisfactorios porque, ainda que se ben aumentamos en votos, perdemos unha delegad@ na provincia da Coruña e outra na de Pontevedra. Queremos felicitar aos compañeiros/as de Lugo que, con 4 delegad@s, son a forza maioritaria nesa provincia.  Os/ as demais abrimos un momento de reflexión sobre o traballo realizado e a maneira de melloralo de cara a conseguir unha maior confianza por parte dos/as traballadores/as de Xustiza. Queremos agradecer tamén a todos aqueles e aquelas que confiastes en nós e nos destes o voso voto. Por vós seguiremos loitando da maneira que nos caracteriza e intentando que o noso traballo chegue a máis xente. "Non podemos cambiar o mundo, pero o mundo non nos vai cambiar a nós".