Hoxe consumouse a ilegalidade perpetrada pola Dirección Xeral de cesar a
compañeir@s na substitución que viñan desempeñando por unha causa non
prevista na normativa. A Dirección Xeral non deu ningunha resposta
explicativa de tal feito, limitándose a pedirnos que recorramos eses
cesamentos. Fronte á claridade das nosas exposicións, non teñen
argumentos, polo que se nos ocorre que poida haber algún interese escuro
detrás, como por exemplo cesar a algunha substituta/o en concreto. A
isto únese o silencio cómplice dos tres sindicatos asinantes do acordo.
Quizais forme isto parte tamén do acordado ou simplemente unha mostra
más da súa submisión, ineptitude e inoperacia manifesta.
Comentarios
Publicar un comentario